Feijóo chama “tonto útil” o BNG e Jorquera responde, “en Galiza temos un presidente gilipollas”

Jorquera acusou a Núñez Feijóo e PP de querer “dar un pucheirazo legal” para reter unha maioría que saben perdida na sociedade

Debate parlamentario- Jorquera-Feijóo

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo acusou hoxe o BNG de ser o “tonto útil” do PSOE por ter chegado a acordos municipais con esta forza política en pasados procesos electorais.

Pola súa parte, o portavoz do grupo parlamentario, Francisco Jorquera pediu “ao tonto útil de Rajoy” retirar a alusión ofensiva ao BNG ou se vería obrigado a dicir que “Galiza ten de presidente un gilipollas”. O bronco debate suscitado hoxe no Parlamento, obrigou á presidenta da Cámara, Pilar Rojo a solicitar de ambos lideres políticos a retirada das citadas expresións e obrigando ao Presidente a rectificar as súas palabras.

O PP quere ter unha maioría nas Institucións que sabe perdida na sociedade

Na súa primeira intervención, Jorquera lembrou que no ano 2005 na comparecencia do conselleiro da Vicepresidencia, o socialista Méndez Romeu, anunciou unha “reforma electoral” para resolver a paridade nas listas, a limpeza do voto emigrante e unha mellor proporción de escanos en cada circunscrición. Naquel momento, vostede,dixo o nacionalista, cualificou a proposta de “fraude electoral” acusando a socialistas e nacionalistas de utilizar a administración para “beneficio dos seus intereses” e esixiu que calquera reforma fose consensuada por todos, porque “pretendo que a xente teña principios”, chegou a afirmar.

Benvido Sr. Feijóo ao Club da República galega

Sobre a demanda do titular da Xunta para que goberne a lista máis votada, Jorquera lembrou a Núñez Feijóo “que ten mala memoria” xa que no ano 2006, defendía que se incluíra no novo Estatuto, a necesidade dunha maioría de dous terzos para modificar a lei electoral “por unha cuestión de principios”, vostede ten principios cando estamos ante unha reforma de eleccións ao Parlamento galego “feita á medida do Partido popular” e unha reforma que “só apoian vostedes”.DSC_0058

Na quenda de réplica, o nacionalista explicou que o sistema político español non é presidencialista porque é representativo. Unha República pode ser presidencialista ou non pero desde logo, recalcou, unha Monarquía non o é e se vostede pretende acabar coa Monarquía, ironizou, “benvido ao Club da República galega”.

Non engane vostede os cidadáns falando de escolla directa de alcalde porque iso non é o que propoñen, o que pretende o PP e impor na practica un sistema maioritario e acabar “co sistema proporcional para blindar o bipartidismo”.

Jorquera rematou acusando ao PP de formular propostas contrarias á “rexeneración democrática” e tentar reter “con regras trucadas” unha maioría que saben de antemán perdida.

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG