Feijóo afirma que agora vivimos mellor que hai cinco anos

Francisco Jorquera na pregunta ao Presidente

Francisco Jorquera arremete contra o Presidente e afirma que desde que goberna, o paro medrou nun 70%, duplicouse o número de fogares con todos os seus membros no paro ao igual que os fogares nos que non entra ningún ingreso, centro vinte mil mozos e mozas tiveron que emigrar. Vostede “non ten outro rumbo máis que presumir dos recortes e ser obediente a Madrid”

Jorquera pregunta a Feijóo polo nivel de vida d@s galeg@s

Pleno.-Na quenda de control ao Presidente tras preguntar sobre a evolución do nivel de vida da poboación galega, o portavoz do Grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera afirmou que Feijóo é o responsable dun Goberno que duplicou o número de fogares con todos os membros en paro, aumentou o desemprego nun 70% e obrigou a 120.000 mozos e mozas a buscar un posto de traballo fora de Galiza.

O nacionalista tamén aludiu ao gran número de fogares nos que non entre ningún ingreso, (máis de 32.000) e as familias con todo os seus membros desempregados, aínda que a vostede lle custe admitilo, dixo, en Galiza existen 650.000 persoas en risco de exclusión social e “120.000 en situación de pobreza severa”.

Feijóo elude a súa responsabilidade nas políticas de recortes

“Non é culpa do capitán vivir cinco anos de tormenta” foron as afirmacións nunha recente entrevista concedida polo Presidente da Xunta a un medio de comunicación lembrou o deputado que preguntou que se as políticas de Feijóo non tiveron algo que ver na tormenta porque leva cinco anos gobernando en Galiza e o Partido popular dous anos en Madrid, o problema, recalcou Jorquera é “que o barco está sen capitán”.

Feijóo afirma que agora vivimos mellor que hai cinco anos

O seu rumbo, non é outro máis que seguir recortando e obedecendo a Madrid aínda que Galiza perdera 1.000 millóns de euros co sistema financeiro asinado por vostede, calar ante a lei do sector eléctrico ou a LONCE por non falar da contrareforma da administración local e todas as leis que anulan as nosas competencias.

Con vostede de Presidente, “ a xente é máis pobre e a economía galega entrou en barrena” e a pesar dos datos publicados, segue negando o paro en Galiza, a emigración da mocidade e mesmo as estimacións do propio INE de perda de habitantes, 147.000, nos vindeiros 10 anos, a poboación activa só representa un terzo da poboación total e dende o inicio da crise perdemos 200.000 cotizantes a Seguridade Social.

A corrupción presente no debate parlamentario

O parlamentario do BNG volveu aludir á recente entrevista do Presidente da Xunta ao que acusou de “inventar un código ético para poñer o foco nos funcionarios” para impedir que reciban agasallos mentres o propio Núñez Feijóo, segue xustificando “ter aceptado un coche da Citroën”, esa á a súa contundencia contra a corrupción, dixo.

Francisco Jorquera na pregunta ao Presidente

Finalmente, o portavoz do G.p do BNG ironizou sobre outra das respostas do Presidente da Xunta na devandita entrevista, irán imputados en sus listas?, con carácter general no, “só faltaría, que con carácter xeral, fixesen as listas con imputados”, concluíu Jorquera

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG