A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, acusou hoxe a Feijoo de ser un incompetente, incapaz de parar a sangría do paro que cada vez é maior na Galiza.
A deputada do BNG referíase así aos dados do paro rexistrado que hoxe se coñeceron. En liñas xerais, o paro rexistrado subiu por terceiro mes consecutivo, 128.242 persoas máis desempregadas. O total no Estado situouse en 4.833.521, máis Galiza rexistrou unha porcentaxe maior de parados que a media estatal. 8.439 persoas se inscribiron nas oficinas do INEM na Galiza en outubro, un 3,25% máis no pasado mes de setembro. Hai 267.812 persoas desempregadas no territorio galego.
Davila resalta que os dados que hoxe coñecemos contradín os da EPA do outro día, e a realidade é que o paro se incrementou na Galiza e sigue a súa escalada alcista, até o punto de aumentar por riba da media estatal.
Estrepitoso fracaso das políticas de Feijoo
A deputada do BNG pón de manifesto que estes pésimos dados demostran o estrepitoso fracaso das políticas de Feijoo, que se adica a destruir emprego en lugar de crealo. Feijoo non fixo nada para parar este drama social, todo o contrario, con él o paro sube. Davila conminou a Feijoo a cambiar de rumbo e concentrar os seus esforzos na creación de emprego en lugar de seguer coa tesoura a facer recortes.
Ademáis, Davila cargou contra a Ministra de Emprego e Seguridade Social que días atrás dixo que a reforma laboral era positiva para as empresas e que estabamos saíndo da crise. Por moito que se empeñe Fátima Báñez, unha mintira repetida varias veces non se convirte en verdade. A reforma laboral é destructiva e só favorece que as empresas manden á xente á rúa.