O compromiso do BNG é con Galiza frente ao programa de Feijóo sumiso a Madrid e Rajoy

 

O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, ironizou esta tarde-noite nun mítin en Pontevedra co lema do PP: “Galiza primeiro” e preguntouse se iso é así por que Feijóo está máis preocupado porque o País non sexa un problema para o Estado que porque as políticas de Rajoy estean levando Galiza á ruína.

“Feijóo non se opuxo ao decreto do Estado do copago dos medicamentos dos pensionistas, ao decreto enerxético ou ao decreto que legaliza a estafa masiva das preferentes, é iso poñer a Galiza primeiro?”, continuou.

O candidato nacionalista lembrou que o primeiro que fixo Feijóo ao chegar á Xunta foi atacar o galego e agora di que a súa principal preocupación é que Galiza non sexa un problema para o Estado. “Feijóo non cre no País e as súas aspiracións están postas todas en Madrid”.

Galiza sumisa

Neste sentido, explicou que o programa de Feijóo xa se coñece, é o dunha Galiza sumisa e obediente a Madrid e a novos recortes, como en Portugal e Grecia, “por iso Galiza precisa abrir unha nova etapa, da man do BNG, que aposte entre outras medidas por un banco público e unha nova política fiscal”.

O BNG sae á rúa, fala para xente e escoita á xente, por iso hoxe estamos nesta praza, nós facemos un mitin mentres Feijóo o que fai é un mintín

Para Jorquera, neste contexto é evidente que Galiza precisa un cambio real, un cambio que tamén pasa pola rexeneración da democracia e afortolar o autogoberno “pois fronte aos que falan de que a prioridade é buscar unha saída social á crise eu digo que autogoberno e saída xusta e social á crise son caras da mesma moeda”.

Francisco Jorquera reiterou as súas críticas a Feijóo por comportarse como un “frío contabél” en vez de como un verdadeiro presidente da Xunta e advertiulle que a solvencia consiste en loitar contra o paro, loitar contra a crise, “e nestes asuntos Feijóo é un presidente insensíbel co drama que estamos a vivir, non hai tal solvencia”.

Feijóo mentirán

Como xa fixera nun mitin pola mañá en Tomiño, criticou a “locuacidade” demostrada por Feijóo durante o debate na TVG do pasado Mércores, “moi locuaz si pero mentiu sobre as contas públicas, mentiu sobre as listas de espera e sobre o caso dramático da persoa enferma de cancro que agarda por unha operación en Ourense”.

“Asemade -continuou- aínda estamos agardando a que expulse do seu partido a Castelao Bragaña, un señor que se atreveu a dicir que as leis son para violalas, como as mulleres, unha auténtica barbaridade que é auténtico terrorismo machista”.

O candidato nacionalista concluiu facendo un chamamento a non desaproveitar a oportunidade que brinda o próximo 21 de Outubro de frear a Feijóo e tamén a Rajoy, para que non conte co aval que o lexitime para seguir aplicando brutais recortes.

Guillerme Vázquez

Pola súa parte, o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, apelou a que hai que manter vivos os soños  e do mesmo xeito que un día "soñamos cunha Pontevedra como a que hora disfrutamos temos que pelexar e loitar para que o próximo día 21 cumpramos tamén o soño dunha Galiza na que poidamos vivir e traballar".

Carlos Aymerich

O cabeza de lista por Pontevedra, Carlos Aymerich, que tomou a palabra logo de Luis Bará, candidato número cinco, quen apelou á rescatar ás persoas e non á banca, como vai faceri o concello de Pontevedra coas pagas extras de Nadal, tamén puxo de exemplo esta cidade, gobernada polo nacionalista Miguel Fernández Lores, conductor do acto, de que a política sirve para cambiar as cousas, "algunhas políticas como as que practica o Bloque Nacionalista Galego".

 

 

http://youtu.be/VbCZTQxB8Kc

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG