Coa venda de Novagalicia Banco a Banesco, desmantelase o sector financeiro galego

O portavoz do BNG no Parlamento galego, Francisco Jorquera pide que a Fiscalía Anticorrupción investigue as condicións da venda do que cualificou unha  nova “estafa aos contribuíntes galegos”novagaliciabanco

O portavoz do BNG no Parlamento galego lamentou a venda da entidade financeira galega da que dixo, “representa o desmantelamento do sector financeiro do noso país”.

Para o deputado, estamos ante unha auténtica “malversación de fondos públicos” e o Sr. Feijóo, hoxe volveu a incumprir a súa palabra ao afirmar que estaba convencido de que a venda permitiría que Novagalicia Banco ficase como entidade galega cando hoxe tamén coñecemos que pasará a ser propiedade dun banco venezolano.

Banesco, se son certas as informacións anticipadas polos medios de comunicación, dixo, mercaría a entidade galega aportando 1.000 millóns de euros despois de inxectar 9.000 millóns de recursos públicos para sanear Novagalicia Banco co que só sería recuperada “unha pequena parte do diñeiro público investido” ao que hai que sumar créditos fiscais e descontos nos impostos dos que se beneficiará o comprador e que significarán “una nova carga para os contribuíntes”.

O BNG ratificase en que estamos ante unha nova estafa aos contribuíntes e o episodio final de “liquidación do sector financeiro galego” e reclamou, ao igual que fixera recentemente o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence que “actúe a Fiscalía Anticorrupción” sobre a escolla das datas para a venda e as condicións da mesma “pensada  nos intereses dos grandes grupos financeiros” e contra os intereses dos aforros dos galegos e galegas.

Francisco Jorquera concluíu criticando que Bankia permaneza no sector público e Novagalicia Banco sexa vendida a un banco venezolano

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG