O BNG e Queremos Galego dinlle a Feijóo que deixe de atacar o idioma galego

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, expresou hoxe o seu desexo “porque hai que dar espazo á esperanza, que tralas múltiples sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, Feijóo cambie de posición e pase a potenciar a lingua galega no ensino”.

Guillerme participou esta mañá, canda una ampla representación do BNG, na concentración da plataforma Queremos Galego diante da sede central da Xunta en San Caetano para demandarlle ao Goberno de Feijóo que derrogue o chamado “Decreto da Vergoña”, que relega aínda máis á lingua galega no ensino.

En declaracións aos medios, Guillerme defendeu que “para o BNG o Goberno do PP, o goberno de Feijóo, que ten como obriga apoiar e protexer o noso idioma, debería, aínda que só sexa por mínima dignidade, cambiar a posición política que mantén, pasar de atacar á lingua galega con eufemismos trilinguístas, e dunha vez por todas pasar a potenciar no ensino o idioma galego, que é a lingua dos nosos pais, dos nosos avós, o idioma que nos une aos galegos e galegas, o idioma que nos da dignidade”.

Neste sentido, o portavoz nacional do BNG manifestou que “hai que dar espazo á esperanza e pensar que, a pesar do ataque furibundo contra o galego do goberno Feijóo, cambie de posición despois das múltiples sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza contra o Decreto da Vergoña”.

 

 

http://youtu.be/a-JInlNjifc

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG