As emendas cruzadas presentadas polo grupo nacionalista na Cámara galega tamén inclúen un imposto á grandes superficies comerciais e modificar diversos impostos tributarios para que paguen máis os que máis teñen
O grupo parlamentario do BNG rexistra emendas de totalidade, de devolución dos orzamentos Xerais de Galiza para o ano 2013 e propón nas emendas cruzadas 630.570.260 euros destinados a recuperación de emprego, mantemento do poder adquisitivo d@s empregada@s públicas e reforzar as políticas sociais.
O BNG tamén apunta que os recortes deben ser aplicados no gasto corrente improdutivo e na privatización de servizos públicos fomentando os créditos para atención das necesidades de Galiza.
O BNG manifesta que o Goberno segue negándose a exercer a súa capacidade normativa para que as rendas e patrimonios máis elevados contribúan ao sostemento dos servizos públicos polo que propón uns ingresos tributarios por valor de 140 millóns de euros, a través da aplicación do imposto sobre as grandes superficies comerciais, modificar o imposto de sucesións e patrimonio e modificar o IRPF a partir dos 100.000 euros porque deben pagar máis o que máis teñen.
Finalmente, o Grupo parlamentario agarda acadar o apoio necesario na Cámara galega ao fin de paralizar uns orzamentos que sacrifican o emprego e as condicións de vida de todos os galegos e galegas a costa de manter no altar o déficit público que sen dúbida algunha, afondará no desemprego, en máis d