O BNG propón un acordo da Cámara galega para mudar a xestión da AP- 9

Ana Pontón asegura que os continuos atascos constatan a ineficacia da xestión da autoestrada e incorren en ilegalidade. A nacionalista acusa á Xunta de limitarse ofrecer “declaracións de boas intencións” sobre unha situación da que tamén é responsábel.

Comparecencia da deputada, Ana Pontón

 

 A deputada do BNG, Ana Pontón compareceu hoxe, ante os medios de comunicación, para presentar unha Proposición non de lei co fin de promover un debate na Cámara galega sobre a xestión e titularidade da AP-9.

Para nacionalista, os atascos producidos durante o verán resultan un “Déjà Vu” para usuarios e usuarias que continuamente son “atrapad@s” nas peaxes polo afán de lucro de Audasa e a súa “ineficaz e ineficiente” xestión.

Neste sentido, considerou que o Goberno galego é responsábel e debe pasar das palabras aos feitos de aí a necesidade, dixo, de acadar un acordo entre todas as forzas parlamentarias para mudar o modelo de xestión da AP-9 como reclama a proposta do BNG que será debatida no inicio do período de sesións, no mes de setembro.

A iniciativa do BNG explicou, inclúe medidas a curto e medio prazo así como “sancións a Audasa”, non só polos abusos dos atascos senón pola reiterada “xestión deficiente” da autoestrada e demais, solicitamos unha rebaixa “inmediata” das peaxes, como mínimo nun 50%,.

AP-9, autoestrada fraudulenta, privatizada e requetepagada

A parlamentaria recalcou que a autoestrada está “privatizada” de maneira fraudulenta polo que as accións do goberno deben ir encamiñadas “ao rescate” para convertela nunha vía libre de peaxes, utilizar a AP-9 resulta “un verdadeiro atraco” e xa está “pagada e requetepagada”, denunciou.Noticia 1

Ponrón criticou o “cinismo de Feijóo” que publicamente defende a rebaixa das peaxes e no Parlamento vota en contra de solicitalas formalmente.A AP-9, é unha autoestrada que se converteu “nun artigo de luxo”, afirmou, non aplica descontos e resulta a máis cara de todo o Estado. Entendemos que esta situación, precisa de medidas urxentes que pasan por “sancionar a Audasa, rebaixar de maneira inmediata as peaxes e dar pasos firmes para o seu rescate.

A deputada concluíu a súa intervención reclamando a “xestión galega” da AP-9 e non en mans do Goberno central nin de fondos norteamericanos, como na actualidade. Queremos unha autoestrada xestionada por Galiza e libre de peaxes, reiterou.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG