Francisco Jorquera acusa ao delegado do Goberno de estar asociado a un grupo en Facebook que reclama abolir as Comunidades Autónomas
O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera reiterou hoxe as súas criticas e actuacións do delegado do Goberno, Samuel Juárez contra a cidadanía que se manifesta pacificamente nas rúas en resposta ás políticas inxustas do Partido popular.
Jorquera compareceu ante os medios de comunicación tras a Xunta de Portavoces para dar conta dos asuntos da orde do día da vindeira sesión plenaria que se celebrará na Cámara galega e que inclúe unha Proposición non de lei do BNG para a reprobación do delegado do Goberno, Samuel Juárez e a petición do seu cese ao Goberno central.
O nacionalista asegurou na súa intervención, que as manifestacións do delegado do goberno responden a unha estratexia do Partido popular e o presidente Feijóo contra as forzas políticas e movementos sociais utilizando unha campaña de insidias e calumnias.
Escalada represiva da delegación do Goberno contra as persoas que se manifestan pacificamente
Francisco Jorquera anunciou que o BNG rexistrou a proposta para a reprobación de Juárez e resumiu en catro razóns esta solicitude: pola escalda represiva iniciada pola delegación do Goberno co incremento abusivo de expedientes sancionadores contra as persoas e colectivos que participan pacificamente en protestas socias co obxecto de amedrentar estas manifestacións, polas súas manifestacións insultantes e irrespetuosas contra estes colectivos, polas declaracións calumniosas dirixidas ao BNG e a estratexia que tenta criminalizar o nacionalismo galego e por último pola súa actitude política sectaria.
Juárez asociado en Facebok a un grupo que pide a supresión da autonomía catalá
O parlamentario tamén aludiu a adhesión do delegado do Goberno a un grupo en Facebook que pide a supresión da autonómica catalá e abolir o resto de comunidades autónomas a través da presión á clase política cara unha reforma para a supresión das CCAA, non sería mala idea empezar por eliminar a catalá por separatista, nacionalista e antiespañola, parafraseou Jorquera
Manipulación do Goberno da Xunta para ocultar a grave situación de Galiza
O Partido popular, manifestou, utiliza a súa maioría para manipular de maneira sistemática á cidadanía e ao propio Parlamento a través dos medios de comunicación de titularidade pública coa intención de ocultar a grave situación económica e política de Galiza como mesmo denuncian @s traballador@s da Radio e Televisión galegas.
Outra das mostras desta manipulación, engadiu, é a Comisión de investigación das caixas que de maneira elocuente constata a intención do PP de restar transcendencia social e informativa aos traballos da comisión ao concentrar nun mesmo día as comparecencias dos catro máximos responsables e as restricións impostas para que os deputad@s poidan avaliar, cun mínimo de rigorosidade a documentación do acontecido coas caixas .
O parlamentario tamén se referiu á negativa do Presidente da Xunta a responder ás preguntas formuladas pola oposición sobre a súa relación co narcotraficante Marcial Dorado e a existencia de contratos e subvencións ás empresas de Dorado.
Manipulación d@s afectad@s das preferentes
O parlamentario denunciou un novo incumprimento do Presidente da Xunta ao manifestar na última sesión plenaria que impulsaría a arbitraxe para aqueles titulares de preferentes por un valor menor aos 10.00 euros, e hoxe, dixo, comprobamos as denuncias de moitos dest@s afetad@s que non foron admitidos na devandita arbitraxe. Os novos datos aportados por Novagalicia Banco indican que menos do 50 por cento dos afectados cobrarán por esta vía e a recuperación só representará o 28 por cento dos cartos investidos por miles e miles de pequenos aforradores galegos, concluíu.