Para Francisco Jorquera, "o pacto PP-PSdeG" para recortar as iniciativas e intervencións do BNG e AGE baixo escusa de que existe na Cámara galega un novo grupo parlamentario, vulnera os dereitos dos deputados e deputadas
O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera anunciou tras a Xunta de portavoces, que o BNG estudará emprender accións legais ante o Tribunal Constitucional contra o recorte de dereitos parlamentarios.
O nacionalista afirmou, ironicamente, que hoxe no Parlamento galego tivo lugar a primeira medida de impulso democrático anunciadas por Feijóo no último pleno e tamén a escenificación do futuro pacto PP-PSOE co acordo da Mesa de recortar tempos e iniciativas ao BNG e AGE baixo o pretexto de que existe na Cámara un novo grupo parlamentario, o grupo Mixto.
O grupo Mixto terá máis intervencións en detrimento só do BNG e AGE
Neste sentido, explicou que no vindeiro período de sesións, o BNG e AGE non poderán defender dúas Proposicións non de lei, unha moción, unha Interpelación, unha pregunta ao Goberno e unha pregunta ao Presidente.
Jorquera insistiu en que o BNG ten os mesmos deputados e deputadas que ao inicio da lexislatura e manifestou o súa oposición rotunda ao recorte de iniciativas aos compañeiros de AGE en beneficiou do Grupo Mixto.
O nacionalista cualificou de mordaza ao Parlamento a decisión da Mesa xustificando que os plenos serían demasiado longos, o BNG, recalcou Jorquera non ten ningún problema para prolongalos tres días e de maneira semanal.
Para o deputado, o cambio das normas parlamentarias amparado por PP e PSdeG, representa a conculcación dos dereitos de todos os deputados e deputadas e a vulneracións das normas parlamentarias asentadas dende os primeiros tempos. Jorquera reiterou que o BNG estudará emprender accións legais contra esta nova disposición.
Orden do día do vindeiro pleno
O portavoz do grupo parlamentario nacionalista pedira a Feijóo rectificar a súa política Lingüística ante a gravísima situación do idioma galego. Para o deputado, existe un clamor social que esixe ese cambio ao que sumou o expresado recentemente por distintas institucións como a Real Academia Galega reclamando o cumprimento do Plan de Normalización Lingüística e a derrogación do mal chamado Decreto de Plurilingüismo. A situación do noso idioma, sentenciou é o reflexo do País.
Por outra parte no pleno tamén serán debatidas, á iniciativa do BNG, modificar a lei para introducir medidas contra a pobreza enerxética, a prescrición de fármacos de última xeración para doentes de Hepatite C, evitar os sobrecustes e garantindo a transparencia das obras públicas, medidas a adoptar contra o peche de ASPANES-TERMAL Ourense, centro especial de emprego para persoas con discapacidade así como as previsións do Goberno galego contra a situación escandalosa de retrasos na tramitación da RISGA.