O portavoz nacional, Guillerme Vázquez lembrou que o texto que agora será debatido nas asembleas comarcais recolleu as aportacións dos afiliados e afiliadas do BNG así como da cidadanía a través do proceso "Propón con nós".
O domumento debatido no consello Nacional recibiu un voto particular presentado pola corrente Abrente aínda que pode recibir algún máis porque o debate está no seu inicio.
Ante os medios de comunicación, nun receso da reunión do Consello Nacional, o portavoz do BNG afirmou que a emenda presentada pola corrente Abrente é a primeira pero non descartou a presentación de algunha máis é a única porque estamos aínda nese punto pero como queda moito debate por diante non podemos asegurar que o sexa, reiterou.
A preguntas do xornalistas sobre posibles conversas con outros grupos políticos cara a súa inclusión no BNG, entre eles Causa Galiza ou Nós U-P, o voceiro do BNG zanxou a cuestión negando que existan conversas formais nesa liña.
O documento base debatido e sometido a súa aprobación no Consello Nacional celebrado hoxe en Compostela será remitido ás asembleas comarcas do BNG para continuar coas propostas cara a Asemblea Nacional do 17 de Marzo.
Feijoo debe mover ficha e pedir a dimisión inmediata do Alcalde de Santiago e dos imputados
O portavoz nacional do BNG tamén se pronunciou sobre a situación política do Goberno popular de Santiago de Compostela e urxiu ao Presidente da Xunta a mover ficha ante un goberno municipal que cae a cachos.
Neste sentido, considerou que os imputados en supostos delitos de corrupción deben dimitir porque a situación política do consello resulta insostible.
A Guillerme Vázquez parécelle sorprendente que Núñez Feijoo, como Presidente do Partido popular, declare que non lle parece normal o que está acontecer coa corporación municipal cando en realidade, dixo, o que debe facer e sen dilación é pedir a dimisión das persoas implicadas xudicialmente.
O Anteproxecto de reforma dos concellos do PP volve ao modelo recentralizador franquista
Na súa comparecencia ante os medios de comunicación, Guillerme Vázquez tamén se referiu ao anteproxecto presentado polo Partido popular destinado á reforma da administración local, nós, manifestou, esperamos que non chegue a ver a luz, porque o partido popular volve a recorrer á demagoxia e ao populismo para ocultar a súas verdadeiras intencións políticas: reducir a democracia, restar competencias aos concellos e reforzar as deputacións.
O PP pretende con este anteproxecto recuperar o vello modelo recentralizado e franquista, concluíu.