O BNG combaterá a estratexia do PP para recortar a democracia e amordazar á cidadanía

O BNG denuncia a estratexia do PP para “degradar” a calidade da democracia pola dobre vía de desprestixiar e minusvalorar ás institucións e de “amordazar” á cidadanía que contesta ás políticas impulsadas polo Goberno central e pola Xunta.

INTERPARLAMENTAR BNG (22 NOV 2013).jpg2

Tras a reunión con todos os cargos nas institucións parlamentares, o portavoz nacional do Bloque, Xavier Vence, anunciou que a folla de ruta da formación frontista nas institucións pasa por enfrontar esta deriva con iniciativas políticas “para mellorar a calidade da democracia e para defender as conquistas dos dereitos sociais, pero tamén dos dereitos políticos da cidadanía que non poden pórse en perigo con motivo da crise”.

“Fortalecer a democracia é a dirección correcta para saír da crise que é económica, pero tamén institucional e política”, salientou Vence, quen critica a “escasa iniciativa lexislativa do Goberno galego” que, ademais, “aposta por fomentar o balbordo para silenciar os debates sobre os problemas reais e para evitar o control da acción do Executivo”.

Esta estratexia de desprestixio do Parlamento é para preparar “a poda” para xustificar a redución de deputad@s, recortar a democracia, a calidade do autogoberno e garantirse unha maioría absoluta desequilibrando o valor do voto nos distintos territorios, advirte o portavoz nacional.

A isto se engade, advirte o BNG, as medidas do Goberno central que ultima a Lei de seguridade cidadán, en contra dos movementos sociais que protestan contra as políticas do Goberno central e autonómicos, “que ven como lle choven sancións como medida de represión para frear a defensa dos seus dereitos”. Os estafados polas preferentes que defenden os seus dereitos na rúa, os que combaten os desafiuzamentos ou os colectivos que defenden a sanidade pública, son exemplos de cidadanía combativa cuxos dereitos pretenden ser limitados por lei, ademais das propias forzas de seguridade. INTERPARLAMENTAR BNG (22 NOV 2013)

Como segunda liña de acción política nas cámaras, o BNG impulsará propostas para modificar a política de recortes que prolongan a recesión, a destrución de emprego e a desaparición de empresas. Como alternativa, a formación nacionalista vai presentar unha batería de medidas para reactivar o crédito ás empresas e as familias e paralizar a venda de NGB, e plans de apoio aos servizos públicos e aos sectores produtivos, como o industrial e o agrogandeiro.

Sector naval

A situación do sector naval galego foi abordada na interparlamentar, ante os anuncios de plans de reestructuración e a falta de carga de traballo que amezan con levarse por diante os centros de produción. Neste sentido, o BNG pide a Feijóo que, seguindo o que establece a Lei do Naval aprobada pola Cámara autonómica, esixa unha representación directa de Galiza no consello de administración de Navantia, “en lugar de botar balóns fora con críticas á dirección da empresa”.

Igualmente, o BNG demanda carga de traballo para os centros de Ferrolterra, “ata agora marxinados fronte a outros centros”, que Goberno central e Xunta “se planten” en Bruxelas para esixir levantar o veto á construción naval civil en Fene e reivindicar que os centros de produción de Ferrol e Fene teñan autonomía para buscar os seus mercados e a carga de traballo, con dirección comercial e estratéxica propias, sen estar ao criterio do que decida Madrid.

 

 

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG