O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence anuncia próximos encontros con centrais sindicais e organizacións políticas para poñer en marcha medidas contra o colapso económico, financeiro e social
O portavoz do BNG, Xavier Vence e o Secretario xeral da confederación sindical galega, (CIG), Suso Seixo mantiveron hoxe un encontro para a analizar a situación política, social, laboral e financeira de Galiza.
Na comparecencia ante os medios de comunicación, ambos coincidiron en demandar unha grande mobilización social para frear as políticas do PP que "poñen todos os recursos da sociedade ao servizo da banca, unha banca especulativa que non está ao servizo da economía produtiva, denunciou o portavoz do BNG.
Colapso económico, social e financeiro
Os portavoces do BNG e CIG salientaron que as políticas "equivocadas" e "contrarias ao que hai que facer" practicadas polo PP na Xunta de Galiza e Goberno do Estado levan á sociedade a un "auténtico colapso económico, financeiro e social".
Neste sentido, o portavoz do BNG avogou por unha "reorientación radical" de las políticas do PP e pediu unha reacción da sociedade a través dun proceso amplo de resposta para reverter esta situación.
Vence defendeu a importancia do papel dos sindicatos e a relevancia, nestes momentos, de contar cunha forza sindical "nacionalista e de clase" como a CIG para manter as conquistas sociais das las últimas décadas, que as políticas do PP están a poñer en perigo.
Ademais, indicou que que o BNG tamén manterá encontros con outros sindicatos e organizacións políticas nacionalistas e de esquerdas para seguir contrastando posturas e opinións sobre a situación actual.
Pola súa parte, Suso Seixo denunciou o "recorte de dereitos" provocado por las políticas del PP e afirmou que de continuar nesta liña, "non haberá unha saída positiva á situación" de crise económica, financeira e social.
Seixo denunciou "empobrecemiento" de moitos colectivos sometidos ás políticas lesivas do PP e alertou dunha "caída importantísima" dos salarios e máis recortes.
O secretario xeral da CIG denunciou a precarización das condiciones de traballo para os menores de 30 años e as condicións "prexudiciais" para maiores de 55 anos que deixan de ter ingresos e o que impide cotizar para unha futura pensión.
Novas informacións sobre a relación de Feijóo e Marcial Dorado
A preguntas dos xornalistas sobre as fotos de Feijóo co capo do narcotráfico Marcial Dorado e as novas información publicadas hoxe sobre esta relación , Xavier Vence, afirmou que a infamia continuará mentres Feijóo non dimita.
Para Xavier Vence, a relación entre o Presidente da Xunta e Marcial Dorado da unha imaxe do país deplorable e Galiza non merece este trato.
"Cada vez que Núñez Feijóo fala, descóbrense máis mentiras e contradicións desta estreita e prolongada relación, remarcou
A Xunta debe explicar as axudas a Pescanova
O portavoz nacional del BNG, Xavier Vence, mostrou hoxe a súa preocupación pola "baixa y deficiente calidade da información" económica de Pescanova e sinalou que se hai responsabilidade da dirección da empresa, tamén a hai por parte da Xunta a través do IGAPE e da concesión de axudas que non foron acompañadas do debido control.
"A Xunta, dixo, debe dar conta de súa relación con Pescanova e dos recursos postos a disposición de Fernández de Sousa durante estes anos".
Vence lamentou que a situación económica de Pescanova poña en risco a súa existencia e a súa galeguidade.