BNG e BILDU, polo soberanista de esquerda na Eurocámara en defensa de Galiza e de Euskadi

BNG e Bildu traballarán, a través do escano compartido da coalición Os Pobos Deciden, a favor dos intereses de Galiza e Euskadi desde unha perspectiva nacionalista e de esquerdas. Obxectivo: construír unha Europa que defenda os dereitos das persoas fronte ás políticas de recorte de dereitos e liberdades da Troika e unha Europa que permita avanzar cara a soberanía das nacións.VENCE MIRANDA JUARISTI

“Coalición soberanista entre iguais que comparten un proxecto de Europa desde as singularidades das nosas respectivas nacións”, explicou o portavoz nacional, Xavier Vence, quen sintetizou as tres liñas que centrarán a estratexia de traballo na Eurocámara.

Defensa dos intereses da maioría social e do tecido produtivo para xerar emprego e riqueza. Loita sen tregua contra as políticas da Troika, “que están nunha fase de volta de rosca” en termos de recorte de dereitos e servizos públicos coa complicidade da “gran coalición” dos populares e socialistas europeos. Recoñecemento das nacións sen estado para avanzar nos procesos de soberanía e camiñar cara unha Europa dos pobos.

VENCE MIRANDA JUARISTI 2

“Volveremos a ser o escano do pobo galego e representar a Galiza no Parlamento Europeo sen ningunha obediencia a Madrid, volver a ser a ponte entre Bruxelas e os nosos sectores produtivos e os colectivos e plataformas sociais”, subliñou a eurodeputada Ana Miranda, tras confirmar que traballarán desde as comisións parlamentares de Política Rexional, -que deciden os fondos europeos-, e de Medio Ambiente.

Desde o 1 de xullo, data de constitución da nova Eurocámara, o BNG presentará unha batería de medidas prioritarias ante a Comisión como executivo comunitario.

Entre elas, a cuestión do veto á construción naval civil en Ferrol que finaliza en 2014, fondo de compensación para os gandeiros polo fin das cotas leiteiras, ampliación da rede natura, prohibición do uso de cianuro nas explotacións mineiras, a problemática dos emigrantes retornados pór mor das multas de Facenda e a demanda de fondos europeos para paliar as alarmantes cifras de emigración xuvenil.

Pola súa parte, o eurodeputado Josu Juaristi incidiu en que ambas formacións traballarán desde o escano para defender os intereses de Galiza e de Euskadi desde unha perspectiva “de esquerda e soberanista”, para defender outra Europa “que teña como prioridade ás persoas e non a banca, para pór freo ao recorte de dereitos civís, sociais e laborais”.

“Queremos defender todos os dereitos para todas as persoas, para a maioría social tan castigada que esta pagando o custe desta crise, esa maioría social que necesita avanzar cara aos seus dereitos e a súa soberanía nacional”, subliñou.

A xornada de traballo BNG-Bildu se completa cun encontro entre os eurodeputados Ana Miranda e Josu Juaristi con colectivos sociais, sindicais, e dos sectores produtivos máis afectados por Bruxelas, e un acto público aberto ao conxunto da cidadanía para dar a coñecer as propostas da coalición Os Pobos Deciden.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG