O BNG APUNTA DIRECTAMENTE A FEIJÓO NA "FRAUDE" DOS CURSOS DE FORMACIÓN

Foto de Rajoy e Feijóo con Pachi Lucas na Praza de touros de Pontevedra

Francisco Jorquera reclama unha comisión de investigación que depure responsabilidades políticas na fraude

Jorquera amosa unha foto de Rajoy, Feijóo e o "conseguidor"

Pleno.- O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera apuntou hoxe directamente a Núñez Feijóo “na farude” dos cursos de formación e destapou as relacións privilexiadas dos implicados na trama co presidente da Xunta.

O nacionalista preguntou se o Goberno, con Feijóo á cabeza, asumirá responsabilidades no “escándalo dos cursos de formación” para o que reclamou crear unha comisión de investigación.

Na súa intervención, Jorquera amosou no unha fotografía de Mariano Rajoy, Alberto Núñez Feijóo, RafaelLouzán, Alfonso Rueda e Pachi Lucas ( conseguidor de Crespo) na praza de Touros de Pontevedra.

“Máis de 300.000 parados en Galiza e diñeiro público desviado en cursos para formar e proporcionar oportunidades de emprego”, resulta “repulsivo e indignante” sentenciou, Jorquera, ademais de considerar que non abonda con que actúe a Xustiza, “hai que depurar responsabilidades no ámbito político”.

Este escándalo, dixo, revela que estamos ante “unha trama de financiamento ilegal” coa convivencia de responsábeis políticos do seu partido e do seu Goberno, non o digo eu, enfatizou. No sumario falase de arranxo de contratos con responsábeis do Instituto Galego de Consumo e mesmo que a trama tiña en nómina a Pachi Lucas “como grande conseguidor”, Álvarez Freixido, xefe territorial de Traballo, Odilo Mantiñá, director xeral de Traballo que dimitiu antes de ser chamado a declarar e mentres tanto, no Parlamento seguimos aínda agardando por unha explicación da Sra.Mato.

Foto de Rajoy e Feijóo con Pachi Lucas na Praza de touros de Pontevedra

Jorquera engadiu que o sumario tamén reflicte as relacións privilexiadas de Gerardo Crespo con dirixentes do Partido popular e indicou que o propio Romay Beccaría escribiu: “Querido Gerardo, recibí el correo y he trasladado el asunto a Diego Calvo. Si tienes alguna sugerencia, mándamela”, tras solicitarlle Crespo interesarse por un concurso.

Doazóns ao Partido popular  aparecen no sumario e relacións privilexiadas do “conseguidor” con Feijóo

Por outra banda, Jorquera lembrou que no Parlamento andaluz o Partido popular solicitou con insistencia unha Comisión de investigación polo escándalo do ERE. Vai facer vostede o propio no Parlamento de Galiza? preguntou.

 O BNG formulou a denuncia en agosto do 2010

O 24 de agosto de 2010, dixo Jorquera, o BNG presentou unha pregunta sobre a concesión de cursos de formación das empresas de Gerardo Crespo, cál foi a eficacia das actividades formativas desenvolvidas polas devanditas empresas.Resposta da Xunta, “todo marabilloso”. Asuma as súas responsabilidades, Sr. Feijóo e impulse a “transparencia na vida pública” e se quere facelo “ten que haber dimisións” e tendo en conta as últimas revelacións, quizais vostede debe ser o primeiro.

O parlamentario rematou a súa intervención reiterando crear unha comisión de investigación polo escándalo dos cursos de formación e sobre todo reclamando unha resposta de Núñez Feijóo sobre se asumirá “depurar responsabilidades” porque Gerardo Crespo é militante do Partido popular ao igual que Romay Beccaría e Carlos Negreira e Odilo Martiñá, Álvarez Freixido foron cargos do Goberno do Partido popular.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG