Jorquera agradece o respaldo á iniciativa nacionalista e agarda que o Partido popular non a desnaturalice no trámite parlamentario
Pleno-. O BNG acadou hoxe o respaldo unánime do Parlamento galego para tramitar a reforma da Lei que regula as iniciativas lexislativas populares.
Entre as modificacións da lei propostas polo BNG, figuran rebaixar o número de sinaturas para a súa presentación, establecer en 16 anos a idade para promover a ILP e axilizar, non máis dun mes, a súa tramitación.
O portavoz do Grupo parlamentario, Francisco Jorquera defendeu rexenerar a democracia e a iniciativa que hoxe debatemos, manifestou, propón dar un paso adiante nesa dirección. A democracia está en crise, porque moitos cidadáns perciben que as decisións fundamentais para o seu futuro son decididas en ámbitos alleos a súa vontade.
O BNG propugna rexerar a política profundando na democracia e participación cidadán
Contrariamente a isto, o nacionalista avogou por recuperar o sentido ético da política e profundizar na democracia fomentando a participación, calquera reforma da lei electoral, dixo, debe estar orientada a que este Parlamento reflicta a pluralidade real existente na sociedade galega.
Por iso, engadiu, fronte a proposta do PP de reducir o número de escanos na Cámara galega, dende o BNG defendemos e seguiremos defendendo que o Parlamento sexa o fiel reflexo da vontade expresada polos cidadáns nas urnas.
Neste sentido, reclamou reformar á Lei de Iniciativas Lexislativas populares para dar un impulso real a participación porque o Parlamento regula o mandato estatutario que habilita este mecanismo para que a cidadanía poida exercer a iniciativa lexislativa.
Reforma da Lei de Iniciativas Lexislativas populares para axilizar a súa tramitación no Parlamento galego
O BNG propón ampliar aos maiores de dezaseis anos as persoas que podan promover e apoiar iniciativas lexislativas populares, a esa idade, dixo Jorquera, unha persoa pode casar, desenvolver un traballo remunerado e ser penalmente responsábel dos seus actos polo tanto tamén pode involucrase e participar.
Asemade, o BNG tamén propón reducir a dez mil o número de sinaturas para que unha Iniciativa Lexislativa Popular poda ser debatida e habilitar a posibilidade de recoller sinaturas electrónicamente, ao fin de adaptar esta norma as novas tecnoloxías.
O debate rápido das iniciativas promovidas, incluíndoas en sesión plenaria nun prazo máximo dun mes evitando deste xeito que poidan ser bloqueadas por criterios de conveniencia partidista.
Finalmente, o parlamentario do BNG reclamou que sexa o Parlamento o que resarza á comisión promotora dos gastos debidamente acreditados, sempre que a Mesa admita a trámite, para o seu debate, a Iniciativa Lexislativa Popular que cumpra os requisitos establecidos pola Lei