Ana Miranda: "A negociación da Xunta dos Fondos Europeos cústalle a Galiza 3.500 ME"

O BNG valora negativamente o acadado onte no Consello Europeo porque Galiza perde 3500 millóns de euros só en conceitos de Fondo de Cohesión, nun momento no que o Pais precisa máis recursos no medio dunha crise económica sen precedentes que afecta ao  conxunto da cidadanía. Así o manifestaron hoxe a eurodeputada Ana Miranda e o portavoz do BNG no Parlamento de Galiza, Francisco Jorquera.

A eurodeputada enfatiza que no actual período 2007-2013 “o noso País recebeu 5700 millóns de euros en fondos europeos. Co aprobado onte, na negociación do Marco Financieiro Plurianual para o orzamento comunitario, esta cifra quedaría reducida a 2000 millóns de euros, isto non é o trunfo que nos intenta vender o PP”.

 

Pola súa banda, Francisco Jorquera afirma "que o Goberno da Xunta califique este resultado de positivo é rocambolesco, outra proba da inoperancia e irresponsabilidade política do Goberno presidido por Núñez Feijoo”, ao tempo que lembra que estamos ante un tema vital para Galiza que ten trascendencia durante os vindeiros 7 anos".

 

Miranda: "A Xunta non foi capaz de acadar uns baremos de reparto dos fondos europeos que favoreceran a Galiza, pois cos criterios aprobados en Bruxelas, o noso País ten a consideración de "rexión rica" dentro da Unión Europea, un "disparate" que non reflicte a nosa realidade económica e social, cuxa reflexo  máis dramático é a taxa de paro inasumibel”.

A eurodeputada do BNG considera que "ninguén sensato políticamente pode  asumir que Galiza estéeaincluido no grupo dos países máis ricos da UE, calificación que implicar perder dous tercios dos fondos que debería receber ". Tal e como enfatizan os representantes do BNG “só o Goberno da Xunta presenta como éxito o que é un fracaso da súa negociación política que lle costa a Galiza 3500 millóns de euros”.

 

O BNG non vai dar perdida esta batalla, tal e como anuncia Ana Miranda, e vai seguir loitando para que na distribución final dos fondos europeos, os baremos e indicadores de reparto teñan en conta a situación actual de PIB e non datos de 2007-2009. "É un sen sentido que se tomen datos deses dous anos de referencia para aplicalos en 2014-2020", e que se realice a xestión directa dos fondos de cohesión dende Galiza.

 

Antecedentes

 

Para nos situar un pouco, cómpre facer unha análise do acontecido onte, cando o Consello Europeo en Bruxelas negociou o Marco Financieiro Plurianual onde se decidía o orzamento comunitario 2014-2020. Dependendo de como quedara o orzamento europeo Galiza podería recebir máis ou menos fondos europeos, incluindo neles os de Cohesión, e tamèn agrarios, da pesca e doutras partidas.

 

A Xunta, tal e como lembra Miranda, “leva meses vendendo fume neste asunto, e non fixo o traballo previo necesario. Crearon expectativas que foron baixando nos dous últimos meses”.

 

Neste Marco Financieiro Plurianual 2014-2020 dependían os fondos de cohesión, os denominados fondos estructurais (FEDER, Fondo Social Europeo e Fondo de Cohesión), e de pasar a ter 5700 millóns de euros que é o que temos no periodo actual 2006-2013, co resultado do Consello DE MINIMIS, Galiza, segundo valoracións de hoxe da Xunta, fica con 2000 millóns de euros, cifra que é moi inferior a que poderiamos percibir.

Galiza sae da categoría de territorios de converxencia e entraría cos inicadores de Eurostat actuais na categoría de nacións máis ricas ou máis desenvolvidas, feito que non se corresponde coa actual situación de crise e desemprego que estamos a padecer. Por iso é importante lembrar, tal e como apunta a eurodeputada, “que a Xunta non se moveu, porque non defendeu que se tome o periodo de referencia útlimo para que os datos de PIB de Galiza non sexan tomados os do 2007-2009 senon os útlimos, dos anos nos que estamos a padecer o peor da crise económica e do desgoberno do PP”.

 

O BNG leva traballando e alertando deste tema dende hai meses, coa presentación de numerosas enmendas na Comisión de Desenvolvimento Rexional do Parlamento Europeo, da que a eurodeputada do BNG é membro titular e única galega na mesma.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG