O 25 de Xullo participa, súmate ao BNG e reivindica o dereito de Galiza a existir e ter futuro

A portavoz do GP do BNG Ana Pontón fixo este Domingo un chamamento a todos os galegos e galegas a que participen o próximo Mércores, Día da Patria, na manifestación que saírá as 12.00 H da Alameda para reivindicar o dereito de Galiza a existir, a ter futuro e a buscar unha saída social e xusta á crise.

Ana Pontón explicou, en declaracións aos medios antes de participar nun reparto en Padrón, que a tradicional manifestación nacionalista do próximo día 25 se presenta como unha moi boa ocasión para volver saír á rúa a amosar o descontento contra a política de recortes que está levando a cabo o PP tanto en Galiza como no goberno do Estado e que está afogando a milleiros de cidadáns.

O PP está utilizando a crise como coartada para acometer unha involución nos dereitos como a que prepara Ruiz Gallardón coa lei do aborto, que nos retrotrae á lexislación franquista

A deputada nacionalista insistiu en que o PP está utilizando a crise como coartada para acometer unha involución de dereitos moi preocupante, á que só se lle pode facer fronte coa mobilización na rúa e a expresión do descontento cidadá.

Aborto

A parlamentar aproveitou as súas declaracións para amosar o seu profundo rexeitamento ás recientes declaracións do ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, sobre a reforma da lei do aborto, pois supón unha retroceso moi preocupante nos dereitos das mulleres.

“A reforma que se prantexa -dixo- nos sitúa practicamente na lexislación do franquismo e demostra que o PP non acredita na igualdade, para os conveservadores as mulleres deben asumir o rol tradicional e non teñen o dereito humano elemental a decidir elas mesmas sobre o seu corpo”.

Supresión de deputados

A preguntas dos xornalistas sobre as declaracións de Feijóo nunha entrevista, nas que anunciaba unha reducción de deputados na Cámara galega, de 75 a 60, asegurou que é outra evidencia de que o PP o que busca coa desculpa da crise é rachar cos máis elementais dereitos democráticos, pois o único que vai conseguir cunha medida desas características é limitar o pluralismo e a representatividade, así como atacar ao autogoberno.

“É rechamante -concluiu- que durante estes tres anos gobernando o señor Feijóo non puxera enriba da mesa ningunha medida no ámbito económico e na loita contra o paro, que non só se negara a suprimir as deputacións senón que as reforzara e agora a única vía que prantexe sexa a de reducir a democracia”

 

 

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG