#14N: Medio millón de galeg@s derrota nas rúas as políticas da dereita

A folga xeral acada un enorme suceso de mobilización cidadá en Galiza, outravolta por enriba do resto do Estado. Medio millón de galeg@s participaron nas xigantes manifestacións convocadas polos sindicatos no noso país, contra as políticas antisociais e antigalegas da dereita española, de Bruxelas, de Berlín, da Troika.

A CIG cifra o seguimento do paro nun 90 por cento.

A participación nas manifestacións nas cidades non ten precedentes na recente historia: 180.000 persoas en Vigo, 125 mil en A Coruña, 100 mil en Ferrol, 40 mil en Santiago, 40 mil en Pontevedra, 30 mil en Ourense, 12 mil en Lugo.

Lexitimidade democrática

Ficou clarísimo que a maioría social galega repudia as políticas do Partido Popular.

Os gobernos galego e estatal terán de ouvir o clamor social. Do contrario, nada do que fagan apartir de agora terá a mínima lexitimidade que lle é exixíbel a un goberno democrático.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG