Tereixa Paz pide rebaixar as cotas de reinvestimento ás Comunidades de Montes en situación precaria

A deputada incluía na iniciativa unha cota do 15% para aqueles cun nivel precario de xestión ou ubicados en lugares con veciñanza moi reducida ou envellecida co fin de fixar poboación e incrementar as rendas d@s propietari@s.

Tereixa Paz en Comisión parlamentaria

A deputada do BNG, Tereixa Paz instou ao Goberno, a través dunha Proposición non de lei debatida hoxe na Comisión de Agricultura, a adoptar medidas legais na aplicación do reinvestimento na mellora dos montes veciñais establecendo o 40% dos ingresos para a aqueles que non dispoñan de instrumento de xestión e excepcións para os que conten cun nivel precario de organización ou próximos a unha veciñanza reducida cun 15% revisable anualmente.

A parlamentaria lembrou que existe un anteproxecto da lei de montes co apoio do Consello Forestal de Galiza e o BNG, a maiores, reclama que sexan xestionados directamente pola consellería ou polos seus entes instrumentais, a empresa pública SEAGA, é só con “carácter residual a contratación fora con terceiros”.

A deputada lembrou que o artigo 25 establece con carácter xeral o investimento do 40 por cento pero a realidade obriga a adaptar os instrumentos legais por iso pedimos que o artigo 25 sexa graduado en función de tres criterios: “Para os que carecen de instrumento de xestión o 40%, para os que si o teñan o que defina o propio instrumento de xestión para non comprometer a súa viabilidade e para as comunidades de montes ubicadas en zonas desfavorecidas na que o monte se destine a xerar rendas para fixar poboación reducirlle a cota de reinvestimento para que parte dos ingresos dos monte sexan rendas para os propietarios”.

Tereixa Paz lamentou que o portavoz popular, Vidal Martínez anunciara o voto en contra á iniciativa nacionalista e cualificou de “erro” que as comunidades de Montes con instrumentos de xestión deban investir o 40 por cento en actualizados agás, dixo, que sexan inservibles ou contrarios á lei.

A deputada agradeceu que o PP amosara intención de revisar a Lei de Montes naqueles aspectos de difícil aplicación pero lamentou que rexeitara a iniciativa como “punto de partida” que por outro lado non cuestiona esencialmente a Lei.

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG