A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa para preguntarlle a Ana Pastor polo seu anuncio do outro día sobre fondos comunitarios para procurar unha solución aos peches da A-8.
Nese sentido, Rosana Pérez ironiza coa carreira sen fin que mantén a Ministra de Fomento por multiplicar os anuncios e as promesas co propósito de chegar sen resollo á meta das Elecións Xerais de decembro próximo, inscríbese tamén os seus múltiples anuncios sobre as solucións aos continuos peches da A-8 entre Mondoñedo e Abadín.
A deputada do BNG alude ás manifestacións realizadas pola Ministra o pasado 17 de setembro no acto de inauguración do enlace da A-54 coa N-540, onde dixo que a intención de Fomento era a de licitar no primeiro trimestre de 2016 o prototipo para solucionar o problema da néboa na A-8 ao seu paso polo Fiouco.
Critica Rosana Pérez a tardanza do Ministerio en abordar este problema cando tiñan que ter adoptado medidas antes de que chegase a primavera, xa que pasamo outro verán cheo de peches da A-8, que se converteu xa nunha autovía inútil. Pero, sinala a deputada do BNG, tivemos que agardar aos meses previos ás Elecións para que a
Ministra se lembrase da A-8.
Que fondos comunitarios?
Aínda así só se trata de anuncios como os que habitúa a facer, e para situar a solución con vistas ao 2016, sinala a deputada nacionalista.
Nesa mesma inauguración, a Ministra de Fomento dixo que o plan para mellorar a visibilidade na A-8 conta con fondos comunitarios, dado que a solución a un problema técnico tan importantes podería ser aplicada no futuro para toda Europa.
Razón pola que Rosana Pérez dirixe unha serie de preguntas ao Ministerio para saber cal é a partida dos fondos comunitarios, se o Goberno conta xa con eses fondos ou debe pedilos.
Ademáis, quer que o Ministerio explique as solucións técnicas que vai aplicar e pídelle seriedade con este tema, que non se xogue eleitoralmente. Por que agardou até uns meses antes da convocatoria de Elecións Xerais?.