Rodas pide á Consellería do Mar que tome medidas ante a situación da pesca da sardiña

O deputado pediu medidas contra as baixas capturas e un mellor trato á flota galega por ser a máis numerosa da península

Daniel Rodas na  Comisión de Pesca

O deputado e portavoz de pesca do BNG, Daniel Rodas formulou hoxe unha pregunta parlamentaria en comisión ante as baixas capturas de sardiña e criticou que a Consellería do Mar non iniciara xestións para favorecer a flota galega no vindeiro acordo entre o Estado español e Portugal sobre este recurso.

O parlamentario tamén preguntou se a Consellería de Pesca mantivo reunións co Estado para analizar futuras situacións e que medidas adoptou para establecer novos criterios nas axudas das paradas biolóxicas para que poidan ser “cobradas ante do remate do ano”.

Rodas lembrou que xa no ano 2013, o BNG alertaba da situación do stock da sardiña e xa daquela, afirmou, solicitaba un plan de xestión semellante ao do ano 1999-2002. Hai dous anos, a conselleira manifestaba que non existían problemas na pesquería da sardiña a pesar das recomendacións, en función de datos biolóxicos, da redución nas capturas.

O Goberno galego, engadiu, delegou no Estado español xunto ao portugués un tope máximo de 19.000 toneladas para o 2015 cun reparto que beneficia “claramente a Portugal”, pero en xullo deste ano o Consello Internacional para a Explotación dos Mares (CIEM), publica uns datos nos que suxire que a máxima cantidade aconsellable debe ser 1.580 toneladas, un “10% menos do límite establecido para este ano.

Tras a resposta do secretario do Mar, Juan Carlos Maneiro, o deputado criticou que na actualidade a lexislación pesqueira non se faga en Galiza e que a Xunta delegue todas as decisións na Secretaría General de Pesca. O ano pasado, explicou o nacionalista, reuniuse o Consello galego de Pesca e a parte sectorial pero despois de catro días “déronlle cos acordos nos fociños”.Dani 1

Rodas reiterou as súas preguntas ante o inicio dunha nova parada biolóxica e o temor de non contar coas medidas axeitadas antes de que “caduquen as ordes antes de rematar o procedemento” como aconteceu o ano pasado que o sector nin estaba dacordo cos días nin nas condicións porque deixaba fora a maior parte da flota, mesmo “necesitaban un crédito ponte e vostedes nin estaban aí ” para resolvelo.

Rodas tamén criticou que Maneiro Cadillo se escudara “na falta de tempo” para convocar a reunión sectorial do cerco, “ agora estoulle dando ese tempo, dixo, para que faga algo” e para evitar dentro dun mes os erros pasados.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG