O Secretario Xeral de Infraestruturas, Manuel Niño, respostou este mediodía á deputada do BNG, Rosana Pérez, que a decisión de non incluir a conexión ferroviaria Santiago-Ourense e Santiago-A Coruña no ente Adif Alta Velocidade foi patrimonial e non ten relación co carácter da liña. Resumiu os argumentos en que é unha cuestión de cumprir cos activos e pasivos, en definitiva, coas contas.
Mais, a deputada do BNG trasladou ao responsabél de Fomento o escepticismo do BNG ao respeito así como unha dura crítica co feito de que se trata de enganar a galegos e galegas sobre se é AVE ou non é AVE. A parlamentar nacionalista foi directa na súa formulación a Manuel Niño: cal é a razón de non ter incluido a conexión Santiago-Ourense no Adif Alta Velocidade? É por qué nese trazado é onde se produciu o accidente de Angrois?.
Cuestión á que o Secretario Xeral de Infraestruturas non respostou e limitouse a facer unha descripción da segregación dos entes ferroviarios. E limitouse a alegar razóns de carácter patrimonial.
Rosana Pérez díxolle a Manuel Niño que é a liña que se inaugurou en decembro de 2011, e até o 24 de xullo de 2013, galegos e galegas críamos que tiñamos AVE porque tanto os anteriores gobernos como o actual se encargaron de dicilo.
Tivemos AVE até a noite do accidente de Angrois
Polo tanto, concluiu, a mesma noite do accidente deixamos de ter alta velocidade. Pesou iso na decisión? Foi por pura política comercial?. Rosana Pérez amosou a preocupación do BNG polas razóns esgrimidas por Adif nos medios, dicindo que o reparto debíase a un criterio interno. Cuestión que tildou de pouco seria porque debería obedecer a cuestións técnicas.
Ademáis, a deputada do BNG aludiu ao proceso xudicial en marcha polo sinistro, no que peritos do Adif dixeron que ese trazado resposta a criterios de alta velocidade. Entón, temos alta velocidade ou non Señor Niño?.
O Secretario Xeral de Infraestruturas redundou no mesmo argumento na súa réplica a Rosana Pérez: o asunto é só de carácter patrimonial interno e non polas características da liña, máis deixou o futuro en máns dun amplo interrogantes porque dixo que o tema se revisaría o finalizar a liña.
Algo que Rosana Pérez interpreta como un recoñecemento explícito de que a conexión non é de alta velocidade.