A deputada do BNG, Montse Prado acusou a Sánchez Izquierdo de falta de respecto ao Parlamento galego por non responder ás preguntas formuladas sobre o número de persoas afectadas e a contía das infracotizacións á Seguridade Social nas nóminas
A parlamentaria do BNG, Montse Prado formulou hoxe unha pregunta ao director xeral da CRTVG relativa aos datos sobre as infracotizacións á Seguridade Social nas nóminas dos traballadores e traballadoras do ente na Comisión de Control da Corporacións da RTVG.
Tras a intervención de Sánchez Izquierdo quen afirmou carecer dos datos requiridos, a parlamentaria lamentou que, unha vez máis, o director xeral tome a broma a Comisión de control da CRTVG e non responda as cuestións formuladas.
A deputada lembrou que Sánchez Izquierdo compareceu no mes de outubro e cualificou a cantidade como insignificante e unha cuestión menor pero resulta, dixo, que existe un requirimento da Inspección de Traballo que di o contrario porque as infracotizacións afectan a todos os traballadores e traballadoras, agás os que conten cunha cotización superior. Ademais, engadiu, deben ser incluídos tamén os derivados por sentenzas por cesión ilegal. Naquel momento, vostede mesmo cuantificou nun 1.600.000 euros a débeda pero hoxe debemos engadir 600.000 euros polo recargo, a vostede, preguntou, estas cantidades seguen parecéndolle unha cuestión menor?.
Para a deputada, Sánchez Izquierdo non toma en serio a comisión parlamentaria e mesmo tras asinar unha acta comprometéndose a realizar o ingreso nun mes, ven ao Parlamento para dicirnos que aínda non conta coa informacións sobre a cantas persoas afecta esta irregularidade e en que contía. Agardo, dixo a deputada, que dentro dun mes e por vontade propia compareza para darnos os datos aos que hoxe non temos acceso por que sen non é a así , teremos que indagar o esperar á filtración dun documento para acadar a información que hoxe lle pedimos e que vostede nega a darnos.
A parlamentaria pediu ao director da CRTVG que faga ben as cousas para que esta situación poda resolverse. Se non houbera unha denuncia e unha inspección de traballo e un requirimento sobre a fraude estaríamos ante un litixio que vostede paralizou co compromiso de ingresar as cantidades o día 1 de abril,e ante ese compromiso non se formula acta de infracción pero a infracción, recalcou, existe e foi tipificada como grave, non negue o que está escrito. Vostede ten a obriga legal de vir a esta comisión a dar a información que se lle pide e non o está a facer, concluíu a deputada do BNG.