O deputado do BNG formulou unha pregunta ao conselleiro de Educación sobre as previsións para o curso 2015-2016 e denunciou os recortes en profesorado e servizo aos alumnos
Pleno.- O parlamentario do BNG, Cosme Pombo formulou hoxe unha pregunta o conselleiro de Educación, Román Rodríguez sobre as previsións da consellería ante o curso 2015-2016.
O deputado recalcou que os recortes son continuos dende a chegada de Feijóo no ano 2009 ao Goberno. Sei, dixo, que vostede considera suficiente a dotación de profesores pero hai dúas semanas a Plataforma en defensa do ensino público denunciaba os continuos recortes educativos e Ampas de centros públicos demandaban que se desdobren aulas que superan os 25 alumnos alumnos por aula, o curso non comeza ben porque hai máis de cen aulas en Galiza que necesitan os desdobres.
A Lomce tenta impoñer o ideario político do PP a presa, contra a opinión da comunidade educativa e a costa de deteriorar o ensino público. Vostede non presentou novas medidas a prol do noso idioma a pesar de asinar un manifesto coa Mesa pola Normalización Lingüística. Continúan ao redor do corenta por cento do alumnado tendo que mercar os libros de texto e material didáctico e pagar un servizo de comedor que antes era gratuíto, máis recortes en profesorado mentres a Consellería segue a subvencionar o ensino privado que segrega por xénero.
O conselleiro respondeu ao deputado do BNG que como galego e pai estou orgulloso do sistema educativo e o que non se pode facer son plantexamentos maximalistas e poñer en cuestión o sistema educativo público aínda que existan algúns centros que expresan as súas reivindicacións pero o curso comezou cunha notable normalidade
O parlamentario do BNG replicou que non sei de que país me fala vostede só na cidade da Coruña hai máis de 200 centros sen dotación de profesorado necesario e o rural galego está agrupar varios niveis de alumnos, son alumnos,recalcou, non son números e necesitan máis apoios que o resto. Estamos, dixo, ante unha situación grave, e sabe que hai centros que reclaman atender a diversidade, concluíu.