Carme Adán leva de novo a figura de "Feminicidio" ao Parlamento galego

Carme Adán

A deputada demandou reforzar o xulgado de Violencia de xénero de Vigo como reclama a propia xuíza e os equipos psicosociais para resolver o retraso de 18 meses nos informes das vítimas

Carme Adán

A parlamentaria do BNG, Carme Adán reclamou trasladar ao Goberno do Estado modificar a lei de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero co fin de introducir no articulado un novo Título para desenvolver o “Estatuto de vítima de Feminicidio”.

A parlamentaria remarcou que en “memoria das mulleres asasinadas”, en Galiza 7 nun ano, e no día contra a violencia de xénero no que centos de persoas maniféstanse nas vilas galegas ou exhiben lazos en forma de protesta, témonos que preguntar porqué a Cámara galega dedica tan pouco tempo a debater sobre a orixe da violencia machista e os mecanismos que como “lexisladores e lexisladoras” podemos impulsar para mellorar a prevención e concienciación.

A deputada lembrou que un dos últimos acordos do Consello de Ministros sobre protocolos sobre violencia machista manteñen recortes nas partidas, “un 26 por cento” nos últimos catro anos para a erradicación da violencia machista e un 61 por cento en plans sobre igualdade.

O Xulgado de violencia de Vigo pide reforzos ante o incremento dos casos

No Día Internacional contra a violencia de xénero,dixo, resulta ao menos “chocante” que ante as demandas do Xulgado de Violencia de Vigo, a xuíza reciba por resposta “a calada” despois de poñer en coñecemento da administración a necesidade de incrementar os medios cun xuíz ou xuíza de reforzo. Ademais, os equipos psicosociais tamén reclamaron dous equipos máis co fin de desconxestionar 18 meses de atrasos nos informes das vítimas de violencia de xénero.

Carme Adán

Os equipos psicosociais integrados por un traballador social e psicólog@, explicou Adán, dende o ano 2006 conta con dous equipos a pesar de triplicarse a demanda e actuando en todo o partido xudicial:Redondela, Tui, O Porriño e Ponteareas así como auxilios xudiciais e internacionais polo que a parlamentaria reclamou o reforzo con dous equipos máis.

Si temos esta realidade, dixo non podemos pasar o día 25 de Novembro contra a violencia machista “simplemente poñendo un lazo” porque non chega.

O PP votou en contra da iniciativa defendida pola deputada do BNG, Carme Adán argumentando que o Goberno sigue incrementando os medios nos diferentes ámbitos para frear a violencia contra as mulleres.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG