O BNG volve a chamar a atención sobre o auténtico malbaratamento de recursos públicos que se está a dar no concello de Ribadumia.
O concello, gobernado polo PP e feudo do Presidente Provincial do PP e da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, está a vivir unha situación esperpéntica, na que os gastos son unha nova versión do pan e circo romanos, neste caso, igrexa e fútbol, xa que entre Concello e Deputación están sufragando o arranxo dunha Igrexa, por valor de 200.000 euros. E por se fora pouco, están a impulsar a construción dun novo campo de fútbol, cun custo de 1.400.000 euros, cando xa existen tres campos no Concello.
Para o BNG, Ribadumia é un bo exemplo de en que consisten esas medidas que o PP da en chamar austeridade.