A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, e a deputada do BNG no Parlamento galego, Ana Póntón presentaron varias iniciativas parlamentares da Cámara Baixa e na galega para instar a Fomento e á Xunta que demanden á concesionaria AUDASA que non elimine o personal de atención nas cabinas de pagamento.
As parlamentares do BNG explican que dada a información da que dispoñemos, resulta que a concesionaria da AP-9, AUDASA, esta a traballar nunha proposta de reestruturación do sistema de pagamento das cabinas de peaxes, coa intención e automatizar por completo este sistema procedendo á supresión do personal de cabina.
De se levar a cabo esta decisión, deixaríase sin traballo a unha plantilla de 14 traballadores, e ademáis deixará nunha situación de auténtica desproteción e desamparo a miles de usuarios que xa non terían a quen dirixirse en caso de problemas, sinalan.
Ana Pontón e Rosana Pérez poñen de manifesto que o BNG leva anos denunciando as deficiencias e carencias da AP-9, que a pesar dos seus beneficios, non inviste para mellorar algúns tramos da autoestrada nin para mellorar a calidade do servizo. Neste sentido, lembran os enormes atascos quilométricos do verán pasado que se reiteran en cada período estival.
AUDASA só persigue beneficios a toda costa
As deputadas do BNG levaron tanto ao Parlamento galego como ao Congreso durante estes anos numerosas iniciativas parlamentares demandando programas descontos para a AP-9,o resgate da concesión dunha autoestradas suficientemente explotada, a súa conversión nun vial de libre peaxe e a modificación do prego de condicións da concesión de xeito que sexa obrigatorio levantar as barreiras en situacións de atascos.
Non se debe permitir a total automatización das cabinas
O BNG considera que no tema en concreto da intención de eliminar a plantilla de traballadores da AP-9, precisamente unha das solucións para paliar os sucesivos atascos sería a de ampliar o personal disponíbel para atender as cabinas de pagamento de peaxes. Reprochan á concesionaria que o único interese que persigue a empresa concesionaria é o de incrementar os seus beneficios sin importarlle o tipo de servizo que se ofereza aos usuarios. Con esta idea, dáse outro paso á fronte nesa deplorábel política comercial de limitarse a cobrar uns custes de peaxes que se sitúan entre os máis altos do estado.
As deputadas nacionalistas opinan que automatizar por completo o sistema de pagamento debería estar absolutamente prohibido, máxime se estamos a falar dunha infraestrutura viaria ou medio de transporte. Non se pode deixar aos usuarios nunha situación de desproteción.
Para Rosana Pérez e Olaia Fernández Davila quitar o personal nas cabinas non é a solución aos atascos, ao revés, agravará os problemas. Por iso, instan á Xunta e a Fomento a demandar a AUDASA que dea marcha atrás na intención de automatizar o sistema de pagamento, a pedirlle que aumente o personal nas cabinas de cobro e a exixirlle que revirta os beneficios na mellora da autoestrada e na mellora da calidade do servizo.