A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, solicitou a comparecencia do Ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, para que explique en sede parlamentar as razóns polas que pretende modificar a actual Lei que contempla a interrupción voluntaria do embarazo e en que van consistir os cambios.
Davila pón de manifesto que o Ministro debe aclarar no Congreso por que quer cambiar a Lei de Saúde Sexual e Reproductiva que garante os dereitos xurídicos, sanitarios e sociais das mulleres e é unha lei que funciona. E ten que explicar en que criterios racionais e obxectivos fundamenta as súas ansias por modificar a lei cando este tema non está siquera entre as preocupacións da xente.
A deputada do BNG acusa ao Ministro de funcionar só a golpe de ideoloxismo de extrema dereita, de atender os postulados máis recalcitrantes de determinados segmentos da Igrexa católica e grupos de ultra dereita. Non existe ningunha razón para tocar unha lei que custou moito consensuar e que contentou a prácticamente todo o mundo.
Ademáis, a deputada do BNG solicitou a comparecencia da Ministra de Asuntos Sociais, Ana Mato, pola mesma cuestión. Apoia a Ministra unha modificación legal que asegura os dereitos das mulleres e que estabelece medidas preventivas para evitar embarazos non desexados?.
A deputada nacionalista considera que o Ministro ten que deixar de xogar con un tema de tanta relevancia para as mulleres, leva así un ano. Por iso pensamos que o seu deber é vir á Cámara a comparecer e someterse ás preguntas e ás críticas fundamentadas que lle poidamos plantexar.