O BNG denuncia “as presas” do PP para aprobar o mandato programa da CRTVG

A deputada do BNG, Montse Prado afirma que o Partido popular quere que prospere a súa proposta de obxectivos xerais da CRTVG para os vindeiros nove anos co fin de seguir utilizando o medio público “no seu favor” como medio de propaganda

Montse Prado

A parlamentaria do BNG, Montse Prado denunciou hoxe a intención do Partido popular de aprobar “en tempo express” o mandato programa que determina os obxectivos xerais da CRTVG para os vindeiros nove anos, “lei que tivo gardada na gabeta pechada dende hai catro anos” e que agora quere aprobar ás presas, afirmou.

A parlamentaria tamén denunciou o proceder do Partido popular no proceso de convocatoria da ponencia e dos prazos para achegar propostas para a elaboración do mandato programa. Neste sentido, remarcou que conceder sete días aos grupos da oposición para novas propostas “é inviable” e só responde á intención do Partido popular de aprobar a súa proposta.

Por outra parte, a parlamentaria tamén lembrou que grazas ao pacto entre PP e PSOE foi renovado o Consello de Administración da CRTVG deixando fora a conselleir@s doutras forzas con representación parlamentaria o que ao seu entender, representa unha “nova vulneración da democracia no Parlamento galego”.

Prado reitera o seu malestar pola intención do Partido popular de aprobar en tempo record a súa proposta e impedir que os grupos parlamentarios podan facer as súas propostas con tempo suficiente.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG