A deputada tamén reclamou un departamento para bicicletas eliminando o cobro polo transporte e redefinir as tarifas de parking asociadas o uso do billete e bonos
A parlamentaria demandou, a través dunha Proposición non de lei na Comisión de Ordenación do Territorio, incrementar a oferta de trens de media distancias en horarios de máxima afluencia, tanto de traballador@s como estudantes, de xeito que a frecuencia de tren nesas franxas horarias sexan , como mínimo, de trinta minutos.
Asemade reclamou a oferta de tren de cercanias para as vilas e poboacións con estacións con horarios viábeis para o seu uso, rebaixar de xeito significativo o prezo do billete e redefinir as tarifas de parking asociadas ao uso do billete e bonos e garantir un departamento para bicicletas eliminando o cobro polo transporte.
Para a deputada a proposta do BNG avanza na modernización do ferrocarril e nas medidas que xa operan noutras partes do Estado. Parécenos unha aberración, dixo, que sendo Galiza o territorio con máis núcleos de poboación non teña servizo de cercanias e que a prioridade do Goberno sexa un tren que chegue antes a Madrid.
Por outra parte denunciou a falta de servizo ferroviario nas vilas de Carballiño ou ordes e vilas que ven que pasa un tren moi cerca pero que non poden utilizar.
A modernización do tren en Galiza, dixo, foi parcial, incompleta e con continuos incumprimentos de prazos e recortes en materia de seguridade como o que provocou o accidente de Angrois. Por outro lado, engadiu, Ferrol segue coa mesma liña de ferrocarril de hai 100 anos cunha velocidade de 66 Qm por hora. A planificación, reiterou debe ser pensada dende Galiza para a articulación e deseño interno.
As melloras no tramo A Coruña-Vigo son cuestionables, e explicou que a función do ferrocarril é comunicarnos e explicou que no caso dunha persoa que estuda en Santiago e vive en Pontevedra para estar en clase ás 9 da mañá debe coller o tren as 7.30hs. Nas horas puntas nos horarios para estudar ou traballar tampouco contan con frecuencias que faciliten este transporte.
Ana Pontón criticou o anuncio das ofertas de Santiago a Pontevedra ou Santiago a Vigo xa que na páxina de RENFE aparece unha oferta moi limitada e cunha duración dunha hora.Ademais fixo referencia ao incremento do billete nos últimos anos nun 40% demasiado elevado para os salarios tan baixos.
Pola súa parte, o portavoz do PP, Alejandro Gómez asegurou que na actualidade temos o mellor sistema de toda a historia, como xa explicou noutra iniciativa presentada polo BNG hai sete meses. A deputada replicou que en efecto, pasaron sete meses pero os problemas seguen sendo os mesmos e dende a Xunta e o Goberno central non aplicaron ningunha medida para solucionar as deficiencias do ferrocarril.