Carme Adán cualificou de campo de minas as políticas aplicadas por Feijóo e Beatriz Mato na consellería de Benestar
A parlamentaria do BNG, Carme Adán preguntou ao conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez pola reposición das condicións laborais do persoal dos centros de Benestar e a dotación de material necesario para atender as persoas usuarias.
Pola súa parte, o conselleiro de Facenda afirmou que os empregados públicos están a recibir o 25% da paga extra e serán negociados os días de vacacións e antigüidade. Infórmolle, dixo que xa nos reunimos coas organizacións sindicais e chegamos a un acordo polo que Galiza pasa a ser a primeira comunidade que repón os días adicionais. Sobre as prestacións de servizo nos centros de Benestar, afirmou que serán creadas 155 novas prazas ao que a nacionalista respondeu que foron 1.500 prazas as que se recortaron na área de benestar.
Adán reiterou a súa pregunta sobre a reposición do artigo 19 do quinto convenio do persoal laboral da Xunta nos centros de Benestar, art¡go, dixo, que modificou as carteleiras e supuxo un réxime escravista. A deputada amparouse nas sentencias que dan a razón aos traballadores e traballadoras para defender un artigo que permite a conciliación familiar e laboral, gozar dos festivos e non ser os maiores atropelados.
A parlamentaria ademais de reivindicar as melloras salariais, reclamou a dotación de material como lavadoras, grúas ou sabas porque, dixo, é o mínimo que pode facer un Goberno en troques de externalizar os servizos.
O conselleiro de Facenda respondeu que a Xunta está actuando de maneira correcta sobre o salario, e o tempo de traballo coa creación de novas prazas. No relativo ao inicio da relación laboral, Martínez durante o ano 2016 iniciarán unha nova Oferta pública de Emprego para os dispositivos de política social en función das posibilidades orzamentarias.