A parlamentaria reclamou que PHARMAMAR, filial que absórbeo a Zeltia, manteña a súa sede social en Vigo
A parlamentaria do BNG, Carme Adán reclamou hoxe, a través dunha proposición non de lei que o Parlamento inste ao Goberno galego a realizar as xestións necesarias ante PHARMAMAR para que manteña a súa sede social e Vigo e non sexa trasladada a Madrid.
Se o PP non vota a favor da proposta do BNG, dixo, Adán o legado de Feijóo é que a sede social de PHARMAMAR estea en Madrid. Para a nacionalista que a sede marche de Vigo evidencia a complicidade e aplauso de Feijóo como acontece tamén no hospital de Vigo que a hora de pagar o párking, a empresa concesionaria ten a súa sede no Paseo da Castellana 140, Madrid.
A deputada recalcou que Zeltia é unha empresa punteira en investigación que xera riqueza, emprego e coñecemento. Hoxe non falamos, dixo, de que sexan subrogados os postos de traballo e se manteñan os dereitos laborais que é o mínimo nun proceso de absorción pola filial PHARMAMAR, senón de que vai ocorrer coa permanencia da sede social en Vigo e por tanto en Galiza.
Para Adán, o Goberno e o Partido popular tiña que optar por dúas opcións, ou ben aplaudir que a sede social está en Colmenar Viejo ou actuar con responsabilidade e demandar e negociar para manter o centro de decisión en Galiza.
A parlamentaria denunciou que unha tras outra, as empresas van rumbo a Madrid polo que reiterou que o legado do PP e Feijóo é poñer a Galiza en Madrid.
Carme Adán lamentou o voto desfavorable do PP á iniciativa nacionalista que cualificou de nova mostra o Partido popular está a regalar o país.