Adán denuncia que o Goberno de Feijóo dedicouse a paralizar o sector eólico e acumular sentenzas

 Pleno.- A parlamentaria do BNG, Carme Adán preguntou hoxe ao conselleiro de Facenda Valeriano Martínez que pensa facer o Goberno ante a sentenza referida ao réxime fiscal dos parques eólicos.

Carme Adán

Pola súa parte, o conselleiro respondeu que o Goberno presentou diversos recursos contra as sentenzas e toca agardar polo que resolva a xustiza, que será nun prazo de varios meses. A deputada replicou que a resposta do conselleiro obriga ao sector eólico a seguir agardando para saír do “parón” o que conduciu o Partido popular no sector das enerxías renovábeis.

Levamos sete anos de goberno de Feijóo, dixo a deputada, que pasarán á historia por moitos desastres e sobre todo pola perda de competitividade, estar no cuarto posto e non executar todos os megavatios prometidos.

A parlamentaria do BNG lembrou que o Partido popular anunciou un Plan Industrial para Galiza con 14 mil millóns de euros e a promesa de 6.000 postos de traballo. Hoxe, comprobamos que só foron mobilizados 400 millóns de euros, “a parálise total e absoluta do sector” ao que hai que sumar a inseguridade xurídica e as sentenzas que se amorean.

Vostedes mudaron o concepto de participación pública do sector polo canon eólico coa consecuente paralización. Dende o BNG consideramos que a política de Feijóo no ámbito eólico merece “un suspenso absoluto”, concluíu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG