O 28 de setembro reivindícase en todo o mundo o dereito ao aborto legal, seguro e gratuíto na sanidade pública. Na Europa, e nomeadamente no Estado español o dereito ao aborto esta a sufrir ataques por parte da dereita e da Igrexa que están a impulsar reformas que supoñen un enorme retroceso na lexislación. Coa escusa da crise a dereita ataca os dereitos das mulleres e viste de 'austeridade' o retroceso en torno aos dereitos conquistados polos movemento feminista en materia de saúde sexual e reprodutiva.
A Plataforma Galega polo dereito ao aborto, da que fai parte do BNG, convoca para este sábado 28 de Setembro ás 17.30h dende a Estación de Tren en Compostela unha manifestación nacional en resposta ás políticas do Partido Popular contra os dereitos das mulleres e a reforma da actual lei do aborto que plantexan como unha redución deste dereito.
Con convocatorias a nivel local e unha grande mobilización nacional responderá nas rúas de Compostela a Plataforma Galega polo dereito ao aborto ao recente anuncio de Gallardón de que o Partido Popular presentará unha proposta de modificación da Lei de saúde sexual e reprodutiva que elimine parte dos dereitos e garantías xurídicas que actualmente teñen as mulleres no estado español se deciden interromper o seu embarazo.
Convocatorias:
- A Coruña, mércores 25 ás 19.30h dende a Praza de Galiza. Marcha Silenciosa.
- Ourense, xoves 26 ás 20.00h dende a rúa do Paseo (Banco de España). Pasarrúas feminista ata Pazo de Xustiza.
- Ferrolterra, xoves 26 ás 18.30h Acto na Praza do Concello de Ferrol
- Compostela, sábado 28 ás 17.30h dende a Estación de de tren de Compostela. Manifestación Nacional.
As novas convocatorias que vaian xurdindo poden seguirse a través da páxina da plataforma www.feminismos.eu
BUSES
Ao longo da semana definirase se hai buses en Ourense, Vigo e Coruña, mas o mellor é que se contacte coa plataforma a nivel local/comarcal.
DESCARGAS
Moción do BNG contra a modificación da lei do aborto
Solicitude de comparecencia de Ana Manto, Ministra de Sanidade
VÍDEOS
Nós decidimos!
O PP lexisla sobre o aborto ao ditado da Igrexa
Se a maternidade non é libre é imposta. NÓS DECIDIMOS!