Santiago de Compostela, 27 de xaneiro, 2022. A portavoz de Desenvolvemento Rural do BNG, Carme Aira defendeu unha proposta na Comisión de Agricultura instando á Xunta a facer públicos os datos que motivaron o cambio de criterio para a concesión das axudas e as razóns para modificar os criterios de exclusión das axudas a zonas con limitacións específicas.
Ademais, a nacionalista tamén reclamou “determinar a tipoloxía das granxas que recibían as axuda e como lles afecta este cambio na distribución de fondos”. Carme Aira demandou cambiar os criterios de reparto dos fondos para que as granxas máis pequenas e tradicionais que perciben menos axudas directas, non se vexan prexudicadas pola falta desta axuda “complementaria.
Na súa intervención sinalou que as axudas para Zonas con limitacións naturais ou específicas cun orzamento de 60M de €, dos que o 65% correspóndenlle aos fondos FEADER e neste novo período as axudas a ZLN ao segundo pilar da PAC, do que é responsable a Xunta, “desaparecen fóra dos concellos de montaña”. Por outra parte, a Xunta de Galiza é a única que ten capacidade para decidir como se distribúen as axudas ou ben suprimilas de maneira deliberada como xa aconteceu con algunha partidad. A cuestión, dixo é que se as normas cambian os gobernos están obrigados a que este cambio cause os menos dano posible e non se converta en “irreparable” pero isto non se fixo no caso desta intervención nin no da PAC en xeral.
A Política Agraria Común é a que deseña os modelos produtivos no noso territorio e resulta “imprescindible” un uso que impida que o “noso rural non peche”,
e cerca de 8M€ non serán percibidos por 8.000 granxas situadas fóra dos concellos de montaña aínda que estean en zonas desfavorecidas, o que provocará unha merma na súa renda e porá en risco a súa viabilidade gandeira.
A Xunta persiste nunha política errática para o medio rural e penaliza o ecolóxico
Carme Aire asegurou que a historia vólvese a repetir e explicou que xa aconteceu coas axudas “ás producións ecolóxicas e as axudas COVID para as granxas de menos de 10 vacas nutrices” ao que sumou a tendencia a “industrializar as producións convertendo o ecolóxico en industrial e a produción cárnica tamén”.
No debate da iniciativa reiterou a ausencia de datos no uso da distribución de fondos europeos así como a afectación sobre as rendas das granxas pequenas.
Na exposición de motivos da nosa proposta, manifestou a nacionalista, incidiamos na necesidade de introducir medidas como variar o tope do último tramo para topalo nun menor número de hectáreas ou ben promover unha definición diferente de montaña como “zonas con extremas condicións como a alta montaña ou outras de especial dificultade”. Dende logo “non está no ánimo do BNG prexudicar a ningunha das granxas ou explotación pero o que non pode ser é que sempre perdan as mesmas e os mesmos”.
“Non se poden dar axudas polas condición socioeconómicas” e dende o BNG o que reclamamos é ter en conta as granxas máis pequenas e que non queden fóra das axudas as de produción ecolóxica.
A deputada do BNG lamentou que a portavoz popular , Raquel Airas anunciara o voto en contra á proposta nacionalista e replicou que os fondos da PAC funcionan como a masa salarial nunha negociación na que debe primar unha distribución xusta. Carme Aira afirmou que o Partido popular parece que non ten deputados en Europa porque “Galiza non figura en Europa nin nas negociacións” e o MAPA, criticou , tampouco nos beneficiou.
A parlamentaria insistiu na necesidade de “axudar ás granxas máis pequenas que manteñan o territorio naqueles lugares non catalogados como de montaña”, a pesar dunha orografía semellante. “As persoas que día a día loitan contra a maleza, manteñen a paisaxe en mosaico e cultivando teñen dereito a sobrevivir” e unha persoa que percibe 8.000 euros da PAC ou 6.000 euros aos que debe restar 800€ das axudas por limitacións naturais reduce gravemente a súa renda.