O PP rexeita sumarse á querela contra o franquismo en Arxentina

A deputada do BNG, Ana Pontón defendeu unha Proposición non de lei destinada a colaborar coas asociacións para a recuperación da memoria histórica en Galiza

Ana Pontón en Comisión

A deputada do BNG, Ana Pontón defendeu hoxe, instar á Xunta de Galiza a sumarse “como acusación particular” á querela aberta contra o franquismo en Arxentina, remitindo toda a información e documentación que obre no seu poder para acreditar os crimes no franquismo en Galiza.

Pontón que lembrou algún dos feitos “gravísimos e terribles” contra os galeguistas durante a ditadura franquista, considerou que é de “xustiza” reparar os sucesos dun dos períodos máis “escuros “ danosa historia recente.

O franquismo, dixo, estableceu unha “violencia masiva e planificada” para consolidar unha hexemonía “fascista e españolista” con crimes contra a humanidade que deben ser investigados porque a impunidade, denunciou, representa “unha vergoña e unha inxustiza” contra os dereitos humanos máis elementais.

A nacionalista reiterou que os feitos mencionados son denunciados por asociacións e a ONU que mesmo alertou da violacións do Dereito Internacional no Estado Estado español.

“Asistimos, dixo, a unha dobre moral” no Estado español. A xustiza española xulga a Pinochet e o Tribunal Constitucional declarou competente a xurisdición española para investigar o xenocidio de Guatemala , sen embargo o Partido popular segue “ negándose a investigar os crimes do réxime franquista”.

Dende o BNG, remarcou, entendemos que o Parlamento galego debe apoiar a querela presentada en Arxentina por asociacións e vítimas da represión franquista, “ao igual que fixeron outros parlamentos”.

Ana Pontón

Asemade, reclamou apoiar o proxecto de investigación, entre as tres universidades galegas, que segue sen concluír pero que aportou importante información, “a xunta debe apoiar a exhumación das vítimas do franquismo cando esta sexa solicitada polos familiares”.

Finalmente, a parlamentaria do BNG pediu retomar a colaboración coas asociacións que traballan pola recuperación da memoria histórica e restituír a homenaxe institucional na Illa de San Simón, “lugar de represión franquista”.

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG