Pontón propón intervir no mercado para ter prezos xustos do leite a acabar co acoso @s gandeir@ss

Ana Pontón e Mini coa directiva de Feiraco na visita á cooperativa

 

A portavoz nacional, Ana Pontón, visitou a fábrica de Feiraco en Ponte Maceira dentro da ronda de contactos cos sectores económicos e axentes sociais do país onde mantivo un encontro coa dirección da cooperativa leiteira encabezada polo presidente, José Montes, e polo director xeral, José Luis Antuña.

 

Ana Pontón e Mini coa directiva de Feiraco na visita á cooperativa

 

Pontón, que estivo acompañada de Xosé Luís Rivas, Mini, fixo balance da situación dun sector que cualificou de estratéxico e que, denunciou, “queda tocado” tras sete anos de abandono por parte do Goberno de Feijóo.

 

 

“Hai tres datos que son clarificadores da delicada situación do sector: os gandeiros e gandeiras deste país seguen cobrando o prezo máis baixo do leite en todo o Estado, sete de cada dez explotacións leiteiras que pecharon en 2015 eran galegas e desde que goberna Feijóo botaron o peche 4.300 explotacións”, indicou. “Un balance elocuente para concluír que Feijóo deixa ao sector tocado porque nunca se puxo do lado dos produtores e nunca tivo unha estratexia de apoio a unha actividade clave para Galiza”.

 

 

Pontón trasladou á dirección da cooperativa Feiraco as propostas do Bloque para o sector leiteiro que serán recollidas no programa electoral cos que se presentará aos comicios galegos. “A primeira decisión é garantir un prezo xusto para os produtores cunha intervención directa da Administración no mercado para evitar o dumping que se da neste sector en Galiza”, a través das industrias e da distribución que extorsionan aos gandeiros.

 

Ana Pontón e Mini coa directiva de Feiraco na visita á cooperativa

 

Neste sentido, lembra o fracaso anunciado do acordo asinado fai un ano en Madrid. Tras semanas de mobilizacións nas rúas, “díxoselles que ese acordo era a solución para acadar prezos xustos e a día de hoxe a situación é igual ou peor, coa mesma indefensión ante a industria, cos prezos máis baixos e sen apoio a un sector estratéxico para o país”.

 

 

A candidata á Presidencia da Xunta tamén salientou que o programa do Bloque “aposta por un Plan estratéxico de apoio a produción e a diversificación, que teña como elemento central a creación dun Grupo lácteo galego desde o que se coordinen todas as iniciativas actuais e futuras”. O novo goberno que saia das urnas en outubro debe “expresar un compromiso claro co sector dándolle o recoñecemento de estratéxico” porque o sector leiteiro precisa unha “aliado” na Xunta, xusto o contrario do actual Executivo do PP. “Feijóo sempre está do lado contrario, nunca está cando o país o necesita”, lamentou.

 

 

Silvas

O Bloque salientou que o sector leiteiro é estratéxico non só a efectos económicos e de emprego senón tamén de equilibrio territorial. “O medio rural sen o sector leiteiro desaparecería, se a xente que agora vive no rural abandona, veremos como as silvas acaban comendo todo”, alerta Pontón, “por iso é fundamental a súa preservación para o país”, concluíu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG