O BNG rexistrou unha proposta de modificación á solicitude de prórroga do Estado de Alarma do Goiberno para prever que os menores de 14 anos poidan saír durante un máximo de 1 hora diaria a espazos públicos como prazas, parques e lugares abertos, sempre acompañados dunha persoa adulta e mantendo as distancias e precaución necesarias.
O deputado do BNG, Néstor Rego, considera un despropósito que o Goberno prevea permitir que os/as menores poidan acompañar persoas adultas a supermercados, que son lugares de alto risco de contaxio, e non a un espazo público en que é máis fácil manter as distancias e a seguranza.
Rego sinalou que “só con mentalidade típica da Castellana, desde o descoñecemento de realidades como a da Galiza, se poden entender propostas como a que acaba de avanzar o Goberno. Tamén aquí se pode comprobar os efectos perversos do centralismo, de pretender decidir todo desde Madrid, de costas á nosa realidade e as nosas necesidades”.
Eis a proposta de modificación presentada polo BNG ao artigo 4.2. do texto presentado polo Goberno:
”Os menores de 14 anos poderán saír durante un máximo de 1 hora diaria a espazos públicos como prazas, parques ou lugares abertos, sempre acompañados de unha persoa adulta e mantendo as distancias precaución necesarias. Por razóns de seguridade non poderán utilizar os parques infantís nin outras instalacións públicas de ocio similares. Igualmente poderán acompañar unha persoa adulta responsábel do seu cuidado cando este realice algunha o algunhas das actividades previstas no apartado anterior”.
Ademais, o BNG proporá -como xa fixo nas anteriores ocasións- que se reverta o proceso de centralización do mando na crise sanitaria, após a constatación de que foi ineficaz e, por tanto un erro. Nese sentido, a proposta do BNG é que .sexa competencia do Goberno Galego e das Comunidades Autónomas deseñar e executar os Plans de desescalada ou de redución paulatina das medidas derivadas do Real Decreto do Estado de alarma dentro de su ámbito territorial e competencial.