Olalla Rodil

Que máis ten que pasar para que Feixóo dea a cara ante a grave crise industrial que padece Galiza?

Olalla Rodil
Olalla Rodil
A viceportavoz do BNG, Olalla Rodil cualificou de “vía rápida da desertización industrial” que vai  dende a factoría de Alcoa en San Cribrao  até a crise dos estaleiros de Barreras e Vulcano en Vigo
“Que máis ten que pasar para que Feixóo compareza no Parlamento galego ante a grave crise industrial que padece Galiza”? preguntou a viceportavoz do grupo parlamentar, Olalla Rodil ao remate da Xunta de Portavoces celebrada  hoxe no Parlamento galego para elaborar a orde do día do vindeiro pleno.

Na súa comparecencia ante os medios de comunicación, a nacionalista lembrou  que o BNG solicitou a comparecencia de Feixóo para que dera explicacións da “enorme crise industrial” tras o inminente peche da central nas Pontes así como da “vía rápida de desertización industrial” que vai  desde a factoría de Alcoa en San Cibrao, A Mariña, até a crise dos estaleiros de Barreras e Vulcano en Vigo, pasando pola térmica das Pontes, Isowat e antiga factoría de Alcoa na Coruña ao que sumou a situación de Ferroátlantica na Costa da Morte.

O veto do Partido popular, engadiu Rodil impide que o Presidente da Xunta compareza como reclamaba o BNG e no seu lugar comparecerá o conselleiro de Industria, Francisco Conde. Dende o BNG vólvemos a preguntar “que ten que pasar para que Feixóo dea a cara” e si non lle parece que o desmantelamento que estamos a vivir non é suficiente para dar explicacións. “Feixóo non pode esconderse detrás do conselleiro de Industria”, aseverou.

Rodil manifestou que por moito que Feixóo tente  agocharche, o BNG centrará o vindeiro pleno na crise industrial e a pregunta que formulará a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón irá nesta liña e incidindo na crise industrial, o peche de ENDESA nas Pontes, a situación de Barreras e a deslocalización de empresas como R.

O BNG INTEPELA Á SANIDADE POLA VENDA DE POVISA

Por outra banda, avanzou que o BNG interpelará ao conselleiro de sanidade sobre a venda de POVISA á empresa Ribera Salud, respondable do “pufo” que obrigou ao rescate do Hospital de Alzira en Valencia. Rodil salientou a preocupación dos traballadores e traballadoras do centro sanitario así como das 139 mil persoas da Área sanitaria de Vigo suxeitas ao concerto con Povisa a venda a un fondo estadounidense.

Finalmente, a perda continuada de galegofalantes, como reflicte a enquisa do IGI un estudo que confirma que un de cada catro nenos e nenas menores de 15 anos “non saben falar galego”. As cifras “son aterradoras” ao que hai que sumar que o 30% afirman non saber escribir en galego e o 18% lelo. Para o BNG, os datos evidencian “as nefastas consecuencias do decreto plurilingüismo” e a vulneración dos dereitos lingüísticos dos galegos e galegas. O BNG defenderá unha proposición non de lei para a “derogación do decreto e a esixencia de impartir, como mínimo, o 50% das materias no ensino”.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG