A Comisión confirma a "crucial información" da delegación do xeito organizada polo BNG a Bruxelas

DELEGACION XEITO EUROCAMARA

A Comisión Europea confirma que os contactos celebrados coa delegación de representantes do xeito organizada polo BNG o pasado mes de decembro foron determinantes para obter información sobre as consecuencias de incluír a esta arte de pesca artesanal na prohibición de redes de deriva e corrixir esta decisión.

“A Comisión reuiníuse ultimamente co sector galego do xeito que, segundo a información máis recente coa que conta, é un dos principais afectados pola posible prohibición das redes á deriva”, subliñan en resposta a pregunta formulada polo BNG a través do deputado da coalición Os Pobos Deciden, Josu Juaristi.

“Esa reunión brindou a oportunidade de avaliar os efectos que podería ter a prohibición nos operadores afectados, así como analizar a información adicional sobre a utilización das redes de deriva en Galiza”, continúa no texto da resposta, asegurando que a Comisión “ten intención de continuar eses contactos co fin de facilitar debates a nivel de Consello e de Parlamento Europeo”.

Para a portavoz do BNG en Bruxelas e secretaria de Internacional, Ana Miranda, a resposta do Executivo da UE pon de manifesto dous aspectos.

“Por un lado, que esa delegación abriu a porta para que a Comisión esté disposta a corrixir a inclusión do xeito nesa prohibición xenérica das redes de deriva, de feito, a resposta do comisario de Pesca, Karmenu Vella, indica expresamente que vai facilitar a negociación coas outras dúas partes implicadas: Consello e Eurocámara”, explicou Miranda.

E, por outro lado, argumenta, “confirma que antes desa visita da delegación galega do xeito organizada polo BNG, a Comisión carecía da información necesaria porque desde o Estado español nin o Ministerio de Pesca, nin a Xunta lla facilitaron. Tuvo que ser o propio sector quen o fixera, e o Bloque estivo aí para que pudesen ter a interlocución necesaria en Bruxelas”.

No escrito remitido por Vella se di expresamente que “no seu momento, non todas as partes interesadas puderon facilitar información detallada sobre o uso das redes de deriva”.

Seguimento minuto a minuto

Á primeira cita importante e a votación prevista o vindeiro 21 de xaneiro do informe Marco Affonte, -deputado co que se tamén se reuníu a delegación do xeito-, na Comisión de Medio Ambiente, con emendas do BNG presentadas a través da representación na coalición Os Pobos Deciden.

Mentres, Miranda xunto o portavoz de Pesca no Parlamento galego e a portavoz no Congreso, Daniel Rodas e Rosana Pérez, están a manter contactos cos representantes do xeito nas principais confrarias afectadas. Esta mesma tarde se reúnen coa Confraría de Redondela e en días sucesivos están previstos encontros co sector en Rianxo e A Garda, co obxectivo de facer un seguimento “moi de cerca” nesta recta final do debate da normativa que propón a Comisión.

“Non queremos dar nada por feito, aínda que estamos convencidos de que as xestións do propio sector tras esa visita a Bruxelas foron decisivas para o futuro da arte do xeito, pero seguiremos pendentes minuto a minuto de toda a tramitación pendente porque está en xogo o futuro de 400 familias”, subliñou Miranda.

PREGUNTA BNG COMISION SECTOR XEITO

RESPOSTA COMISION AO BNG SECTOR XEITO

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG