O BNG rexeita a moción de censura en Viana do Bolo e pide a PSOE e PP que rectifiquen

Noa Presas
Noa Presas

Noa Presas cualifica de “feito grave”  e “atentado democrático” non respectar a vontade dos veciños e veciñas que escolleron, nas pasadas eleccións, un goberno progresista encabezado polo BNG

Acusa a PP e PSOE de “complicidade” para fortalecer o “baltarismo” na provincia de Ourense

A deputada e membro da Executiva Nacional do BNG, Noa Presas afirma  que os veciños e veciñas de Viana do Bolo elixiron un goberno progresista encabezado polo Bloque Nacionalista Galego, vontade que agora o Partido popular e PSOE non queren respectar. O BNG rexeita a moción de censura e pide a PP e PSOE que rectifiquen para non levala adiante.

Para a deputada nacionalista, a moción representa “un atentado democrático ” e responde á intención de fortalecer “o baltarismo” na provincia de Ourense. Presas cualifica a moción de “feito grave” e lembra que o día 15 de agosto tivo lugar unha negociación entre as direccións do Partido socialista e o BNG na que o rexedor nacionalista, Secundino Fernández  defendeu un acordo de goberno polo que resta de lexislatura. A parlamentaria do BNG pide ao PSOE que impida que prospere a moción de censura en Viana do Bolo  e considera “inadmisible” que  algúns dos membros do PSOE  que asistiron a reunión, agora asinen a moción. 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG