O BNG propón non aplicar na Galiza o tarifazo da luz e reclama unha tarifa eléctrica galega

Noa Presas
Noa Presas

Noa Presas demanda  unha negociación bilateral co Estado e esixe que Galiza non sexa penalizada por ser produtora de enerxía

A portavoz de Industria do BNG, Noa Presas formulou hoxe unha pregunta ao goberno sobre as alegación presentadas pola Xunta  ante a orde do Goberno central sobre os suplementos territoriais de acceso á enerxía eléctrica máis coñecido como “tarifazo da luz”.

A parlamentaria afirmou que á política enerxética imposta desde o Estado polos anteriores gobernos do PP e a  inacción do goberno de Núñez Feixóo, “os galegos e galegas imos pagar a factura da luz máis cara do Estado” e tamén  a máis a máis alta de todas as comunidades pese a ser produtores de electricidade.

Presas instou á Xunta   asumir  as súas responsabilidades  e estudar todas as vías de negociación bilateral co Estado diante deste borrador e “esixir ao Estado que  asuma o custo que se lle pretende imputar aos galegos e galegas”.

O BNG RECLAMA UNHA TARIFA ELÉCTRICA GALEGA

A deputada cualificou o tarifazo da luz de “atraco a man armada a Galiza”  mentres outros pobos como o vasco ademais de ter unha tarifa eléctrica vasca Euskopeaxe, non van pagar nin un só euro porque souberon defender os seus intereses polo que  volveu reclamar “unha tarifa eléctrica galega”.

Por outra parte, explicou que estamos nun mes no que a luz  bate récords históricos de suba á que sumou o incremento nos combustibles e a cancelación  dos acordos tarifarios coas empresas de automoción. Todo isto,  criticou a deputada, só beneficia ás eléctricas e unha maior recadación para o Estado. Urxe, abrir“ unha negociación bilateral co Estado, esixir que Galiza non sexa penalizada por ser produtora e que non se aplique a orde no noso país”

Durante os últimos anos, explicou a nacionalista,  o BNG advertiu neste Parlamento reiteradamente de que isto ía acontecer pero o Partido popular PP votou en contra de todas e cada unha das propostas e dedicouse a negar o problema. “Non emprenderon ningunha  negociación co Estado cando o presidía a mesma cor política que a Xunta de Galiza e limitáronse a negar que isto ía a acontecer”.

Neste sentido,  engadiu  que o propio director xeral de Enerxía, Bernardo Tahoces a unha pregunta do BNG sobre a cuestión respondeu no ano 2017 que  “ningún consumidor vai pagar máis porque non hai suplemento territorial”, agora constatamos   que dos 111 millóns de euros que se van recadar no conxunto do Estado, corresponderán  a Galiza, “case 38 millóns de euros” é dicir, “imos pagar o 34% de todo o Estado”.

Esta medida “discrimina negativamente ás Comunidades produtoras como Galiza que soportan as instalacións de xeración, o que implica que as comunidades que teñen que soportar os custos sociais e medioambientais da xeración eléctrica, no canto de verse recompensadas, vense prexudicadas dobremente”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG