Tras facerse público que a alcaldesa do PP de Boimorto, María Xesús Novo foi vacinada contra a COVID na residencia municipal, o deputado do BNG, Xosé Luís Rivas rexistra unha iniciativa no Parlamento galego ao fin de pedir explicacións á Xunta e a Núñez Feixóo sobre un feito que cualifica de “moi grave e inxustificable”.
Rivas lembra que o presidente da Xunta pediu a todas as persoas incluídas por error nos listados de vacinación que renunciaran a recibir a vacina e recalcou que todos os políticos que non cumpriran os protocolos establecidos debían dimitir. O deputado do BNG lembra que a alcaldesa de Boimorto non mantén ningún tipo de relación sanitaria que xustifique a vacinación, a pesar de que o seu cargo convértea en xefa de persoal da residencia municipal que conta con dirección propia.
A xuízo do nacionalista, esta circunstancia fai máis grave se cabe a actuación da alcaldesa do Partido popular. Neste sentido, cómpre lembrar que o propio Núñez Feixóo asegurou na última sesión plenaria celebrada no Parlamento que non existía alcalde algún do PP que se vacinara sen dereito.
Así pois, o BNG exixe ao presidente da Xunta explicacións sobre o acontecido e dirimir as correspondes responsabilidades.