O BNG leva ao Parlamento a posibel compra de Barreras por China Sinangol

Carme Adán pregunta o Goberno se ten coñecemento da oferta  da multinacional China Sonangol, de capital chinés e angolano para facerse coa totalidade do estaleiro vigués

Intervención da deputada Carme Adán

A parlamentaria do BNG, Carme Adán rexistra unha pregunta relativa a oferta lanzada pola multinacional China Sonangol para facerse coa totalidade do estaleiro vigués Hijos de J. Barreras. Segundo información xornalística, a multinacional está a negociar por separado cos tres accionistas ante a intención de vender por parte da petroleira Pemex que conta co 51% do estaleiro. As mesmas informacións dan por pechado un preacordo coa parte mexicana.

Asemade, outro dos accionistas, Ignacio Latxaga, propietario do 24,5% de Barreras da naviera Albacora , tamén aceptaría a oferta e finalmente, o terceiro accionista e presidente de Barreras, José García Costas a pesar de non estar dacordo coa oferta económica, está a favor da venda da súa parte, o 24,5%.

Por outra parte, a deputada do BNG asegura que varios medios de comunicación mexicanos xa avanzaron a intención de Pemex de desfacerse da súa participación en Barreras ante a delicada situación financeira.

Para a deputada nacionalista, de consumarse a operación gran parte do sector estratéxico para Galiza quedaría en mans dunha soa multinacional radicada a miles de quilómetros de Galiza.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG