Na mobilización que tivo lugar hoxe nas Pontes contra o intento de Endesa de “roubar” os dereitos sociais pactados cos traballadores e traballadoras, a deputada do BNG, Noa Presas comprometeuse a trasladas ás institucións esta situación que cualificou de “abusiva”.
Para a nacionalista, a Xunta de Galiza é responsable de non contar cunha planificación estratéxica, sobre todo no sector eléctrico, así como de consentir que empresas como ENDESA, que xera beneficios multimillonarios, agora pretenda “afogar á comarca das Pontes”.
Por outra banda, Presas tamén responsabilizou ao goberno de Sánchez, que a día de hoxe, aínda non cumpriu a súa promesa de derrogar a Reforma laboral. Dende o BNG, recalcou a portavoz de industria do BNG, non imos ser cómplices de políticas que van na dirección contraria ás consolidación dos dereitos dos traballadores e neste sentido, avanzou que o BNG defenderá no Parlamento galego aos traballadores e traballadoras de Endesa a través da tramitación de iniciativas para impedir que os dereitos sociais conquistados que reverten na economía das Pontes e súa comarca sexan “usurpados”.