O deputado do BNG, Néstor Rego, interpelou á Ministra de Educación e Formación Profesional, María Isabel Celaá, para coñecer a súa disposición para tomar as medidas necesarias que solucionen o aprazamento dos procesos selectivos de ingreso e acceso na función pública docente previstos para os meses de xuño e xullo de 2020. Este atraso causaría que as convocatorias de 2021 tamén se atrasaran un ano máis, o que supoñería moitos problemas para a oferta de emprego aos opositores e opositoras e atrasaría a súa incorporación como docentes.
Rego alertou que con dúas normativas diferentes de aplicación se non se producen os cambios normativos necesarios será imposíbel de acumular as convocatorias de 2020 e 2021. O portavoz do BNG solicitoulle ao Ministerio de Educación e Formación Profesional que permita que as ofertas de emprego do ano 2021 se poidan amparar na mesma norma e coas mesmas condicións que as de 2020, posibilitando desta maneira a súa acumulación tal como demanda o sector.
Pola súa parte, a Consellería de Educación na Mesa Sectorial comunicou a súa decisión de abrir o prazo de inscrición nas actuais oposicións do ano 2020 en canto se levante o estado de alarma, diferindo a celebración das probas a xuño de 2021. Nese sentido, a Mesa Sectorial asumiu o compromiso de esperar un tempo prudencial para saber se o Ministerio de Educación e Formación Profesional está en disposición de harmonizar a normativa para que así tal e como solicita o BNG xunto a todas as organizacións sindicais, para que así se poidan realizar conxuntamente as probas dunha e outra convocatoria sen atrasar máis o proceso.
Néstor Rego solicitou ao Ministerio que axilice os trámites necesario para posibilitar a acumulación destes dous procesos selectivos.