A través dunha pregunta formulada polo deputado de Infraestruturas e Medio Ambiente do BNG, Luís Bará sobre as condicións da concesión da captación de auga de Ence no río Lérez, a directora xeral de Augas de Galiza, Teresa Gutiérrez confirmou ao nacionalista a imposición de sancións polo incumprimento da Lei do ano 2019 sobre a garantía de abastecemento en episodios de seca, tanto da obriga por parte dos concellos de realizar auditorías e plans para reducir as perdas por debaixo do 20% como por parte das comunidades de augas para instalar contadores de auga homologados, no prazo dun ano.
Para o deputado, existe un déficit de información da Xunta aos concellos e comunidades de augas sobre as axudas quedando sen executar unha grande parte deste gasto.A xuízo do nacionalista, as afirmacións da responsable de Augas de Galiza constatan “esta falta de información da Xunta” que incide moi negativamente no coñecemento das obrigas das comunidades de augas.
Neste sentido, o deputado anunciou o BNG solicitará “unha moratoria” na aplicación da lei e unha campaña de sensibilización, planificación e colaboración cos concellos e as comunidades de augas para implantar medidas co fin de reducir as perdas de auga.
Asemade, o deputado do BNG lamentou que a Directora Xeral de Augas de Galiza eludira responder a pregunta sobre se ENCE elaborou algún plan para reducir perdas no abastecemento propio de ENCE desde a presa de Bora até a fábrica.
Luís Bará reprobou que os datos aportados pola titular de Augas de Galiza non foran remitidos ao grupo parlamentario do BNG, en tempo e forma, a pesar das preguntas rexistradas no Parlamento galego hai un ano, vostedes dixo, “tiveron tempo dabondo para respondernos” e non agardar a hoxe para facer públicos os datos reclamados cando en realidade teñen a obriga de responder por escrito como establece o propio regulamento do Parlamento galego.
Sobre os datos relacionados con ENCE, o deputado amosou a súa sorpresa ante a exención de pagos polas verteduras e explicou que a pesar da depuradora da empresa, “as verteduras se están a producir” na ría. Hoxe, recalcou Bará, vostede recoñece que “ENCE tivo un trato fiscal preferente durante moitos anos até a entrada en vigor do cambio da lei no ano 2020”. No seu momento, reprochou o deputado, tampouco nos quixo informar sobre as previsións da lei do ano 2019 que obrigaba a ENCE a acometer accións para “mellorar a súa rede de abastecemento de auga”.
Dende o BNG, consideramos urxente implementar medidas contra as perdas de auga para camiñar cara “a cultura da auga” e dun cambio radical do modelo actual de xestión da auga.
Neste sentido, lembrou que o concello de Pontevedra anunciou no ano 2019 que reducía as perdas de auga ao 3, 6% e o 12,5 da auga captada, “os mellores datos en Galiza neste ámbito” e volveu a preguntar á titular de Augas de Galiza polos datos sobre as previsións da Xunta a este respecto e que afectan directamente ás comunidades de augas e entidades de captación.
O deputado rematou a súa intervención criticando a falta de datos sobre as perdas de auga de ENCE e as repercusións que terá a nova Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga sobre as comunidades de augas e concellos, así como a falta de diálogo do goberno coas entidades afectadas.