Ana Pontón pide ao goberno galego que levante o veto para poñer en marcha unha tarifa eléctrica galega

Ana Pontón na manifestación de Alcoa
Ana Pontón na manifestación de Alcoa

Ante o anuncio do peche de ALCOA, lembra que a tarifa diferenciada existe en Euskadi onde ningunha empresa electrointensiva marcha para outro territorio por culpa dos elevados prezos da electricidade

Na multitudinaria  manifestación contra o anunciou do peche de ALCOA e permanencia  dos postos de traballo celebrada hoxe na cidade da Coruña, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón pediu ao Goberno galego “levantar o veto e iniciar o debate no Parlamento galego para poñer en marcha a tarifa eléctrica galega”. 

Resulta “inconcibible” dixo Pontón, que a estas alturas, nun país como Galiza,   “excedentario en produción eléctrica”, 400 `postos de traballo podan desaparecer tras o anuncio da factoría ALCOA. Unha decisión que afectará a 400 familias e a un gran número de  postos indirectos que tamén  corren o risco de perderse, dixo,  “por culpa dunha regulación eléctrica que prioriza os intereses das empresas eléctricas e marxina a Galiza”. 

Para nós, manifestou, resulta “indignante” o veto á proposta da tarifa eléctrica galega que nos permitiría hoxe non estar nesta situación xa que “abarataría o prezo da luz”. Unha tarifa, explicou, como a que xa existe no Estado español e non vemos que “en Euskadi haxa unha soa empresa electrointesiva que marche para outro territorio por culpa dos prezos da electricidade”.

Ana Pontón na manifestación de AlcoaA portavoz do BNG insistiu na  necesidade de abrir o debate sobre a aplicación dunha tarifa propia  porque todos os galegos e galegas, asegurou,  temos dereito a beneficiarnos dos  nosos recursos como a electricidade pola que pagamos un “importante custe ambiental, social e económico” que despois non reverte en Galiza.

 “Non é lóxico nin solidario” seguir poñendo en perigo postos de traballo por intereses das empresas eléctricas e do centralismo”. A tarifa eléctrica é “unha cuestión de país e esta batalla ímola gañar”, apostilou.

A delegación do BNG, encabezada pola líder nacionalista, Ana Pontón, a eurodeptutada Ana Miranda, o deputado no Parlamento galego, Xosé Luís Rivas, o candidato á Alcaldía da Coruña, Francisco Jorquera e cargos institucionais e membros da dirección, amosou o seu apoio ás demandas dos traballadores e traballadoras e asegurou que “ALCOA non se pecha nin permitiremos que se perda un só posto de traballo”.

O PECHE DE ALCOA, NOVA ESTOCADA AO TECIDO INDUSTRIAL DA CORUÑA E COMARCA 

Pola súa parte, o candidato do BNG á Alcaldía da Coruña, Francisco Jorquera alertou das consecuencias que o peche de ALCOA pode producir  na comarca. Esta decisión sería “unha estocada máis no desmantelamento no tecido industrial” e lembrou que nos últimos anos, A Coruña perdeu empresas emblemáticas porque pecharon ou por que o seu capital pasou a mans foráneas como aconteceu co  Banco Pastor, Caixa Galicia, R, Carmelo ou Unión Fenosa. A esta “lista de defuncións” non podemos permitir engadir  ALCOA, manifestou.

Para o candidato do BNG, A Coruña debe ter vocación de ser o motor económico de Galiza e para iso é necesario manter o tecido industrial e que a sociedade coruñesa se mobilice e impedir este peche froito, explicou Jorquera, dun “marco regulatorio aberrante”, á marxe dos intereses de Galiza e con  practicas “chantaxistas e mafiosas dunha multinacional”:

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG