Ana Miranda

Agora Repúblicas garante ao BNG ter presenza 5 anos en Bruxelas para defender os intereses galegos

Aogra Repúblicas en Bruxelas
Aogra Repúblicas en Bruxelas

A eurodeputada do BNG afirmou que a coalición garante unha candidatura “sen ataduras a ninguén”

A eurodeputada e cabeza de lista do BNG ás europeas, Ana Miranda, salientou que formar parte da coalición “Agora Repúblicas”, xunto a ERC e EH BIldu, garante ao Bloque ter presenza ren Bruxelas os cinco vindeiros anos para defender os intereses galegos. Subliñouno así en declaracións tras o almorzo informativo mantido cos medios na capital europea para presentar a coalición, que contou asemade coa participación da candidata de Esquerra Diana Riba, o candidato de EH Bildu Josu Juaristi e os eurodeputados Jordi Solé e Josep-Maria Terricabras.

“Cremos que esta candidatura si garante que poidamos seguir exercendo a nosa voz e defendendo o Pobo galego, así como que haxa xustiza no caso do Alvia, con presenza permanente durante os cinco anos”, afirmou Miranda, quen manifestou que seguirá defendendo cuestións fundamentais para Galiza como o saneamento das rías galegas e os sectores produtivos como pesca e agricultura.

A eurodeputada do Bloque explicou ademais que se trata dunha “candidatura de esquerdas, de nación, feminista e ecoloxista”, que permitirá “como até agora”, que os temas galegos “estean presentes na Eurocámara con rigor, eficacia, traballo e que o Pobo galego teña en Bruxelas unha voz amiga”.

Para o BNG é fundamental que esta sexa unha candidatura de defensa dos intereses galegos “sen ataduras a ninguén” como xa queda demostrado na actual lexislatura con ano e medio de escano, na que se trataron na Eurocámara temas netamente galegos como as emendas de pesca ou agricultura, así como outros na defensa das liberdades e os valores democráticos.

Loita contra o fascismo

Neste sentido Ana Miranda destacou que “Agora Repúblicas” é, por outro lado, a opción da loita contra o avance do fascismo e os partidos da extrema dereita. “O Parlamento Europeo non pode branquear o fascismo”, considerou en referencia á participación da extrema dereita nun acto na Eurocámara mentres se rexeita a celebración de outros eventos. Así, a eurodeputada nacionalista criticou a dobre vara de medir do presidente Tajani á hora de autorizar ou non diferentes eventos nas instalacións do Parlamento Europeo.


 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG